O castro do Castrelo é un castro situado na parroquia de Castrelo de Miño, no concello ourensán de Castrelo de Miño.
Morfoloxía Consta dun recinto fortificado sobre o cal foron construídos na Idade Media unha torre e un mosteiro que posteriormente foi desmantelado. A actual igrexa, de orixe románica, moi probablemente ocupou o lugar desta necrópole medieval.
Debido á presenza da igrexa e do propio núcleo de Santa María, o castro atópase moi alterado.
Arqueoloxía Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas.
Véxase tamén
Outros artigos Cultura castrexa Castros da provincia de Ourense
Ligazóns externas Catálogo. PXOM de Castrelo de Miño. Outubro do 2009.
Castrelo