O castro de Condomiñas é un castro situado na parroquia de Santo André de Boimente, no concello lugués de Viveiro.

Morfoloxía Consta dun recinto fortificado situado no cumio dun monte. Consta dun recinto principal de forma sensiblemente circular duns 140 metros de diámetro. Está rodeado por unha muralla en desigual estado de conservación, agás na zona sur, onde está totalmente arrasada. Polo nordeste, ademais do desnivel natural, presenta un foxo defensivo. Na zona sur, a pesar de estar moi alterado, conserva un antecastro ao sur.

Arqueoloxía Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas.

Véxase tamén

Outros artigos Cultura castrexa Castros da provincia de Lugo Ligazóns externas Catálogo. PXOM de Viveiro. Setembro do 2010.

Categoría:Castros de Viveiro