O castro de Loureiro é un castro situado na parroquia de Chavín, no concello lugués de Viveiro.

Morfoloxía Consta dun recinto fortificado localizado no lugar chamado Castro de Abaixo. Atópase moi alterado por obras de construción dunha casa. Conserva parte da muralla que defende o recinto principal en todo o seu perímetro, agás polo NO. Nese sector o terreo ten unha forte pendente cara ao río.

Arqueoloxía Non se ten noticia de que se teñan realizado campañas arqueolóxicas.

Véxase tamén

Outros artigos Cultura castrexa Castros da provincia de Lugo Ligazóns externas Catálogo. PXOM de Viveiro. Setembro do 2010.

Loureiro