James Cosmo, nado o 24 de maio de 1948 en Clydebank, Escocia, é un actor escocés, con numerosas participacións en cine e televisión dende finais da década de 1960. Cosmo é fillo do tamén actor James Copeland. Traxectoria
Foi un elemento básico da televisión británica, aparecendo en centos de programas de televisión, forxando unha imaxe de "tipo duro". Acadou sona a nivel internacional polos seus papeis de Angus MacLeod en Highlander, Campbell en Braveheart e como Papá Noel na adaptación de The Chronicles of Narnia: The Lion, the Witch and the Wardrobe. Vida persoal
Está casado e ten dous fillos.
Filmografía A batalla de Inglaterra - 1969 The Virgin Soldiers - 1969 Assault (1971) Highlander - 1986 Stormy Monday - 1988 Braveheart - 1995 Trainspotting - 1996 Emma - 1996 To End All Wars - 2001 Once Upon a Time in the Midlands - 2002 The Reckoning - 2003 Troia - 2004 The Adventures of Greyfriars Bobby - 2005 The Chronicles of Narnia: The Lion, the Witch and the Wardrobe - 2005 The Last Legion - 2007 The Seeker: The Dark is Rising - 2007 Free Jimmy - 2008 2081 - 2009
Véxase tamén
Categoría:Actores de cinema de Escocia Categoría:Actores de televisión de Escocia Categoría:Nados en 1948 Categoría:Nados en Escocia