O castro de Forxán é un castro situado na parroquia de Viceso, no concello coruñés de Brión.

Morfoloxía Consta dun recinto fortificado oblongo e de forma oval no eixo nordeste-suroeste, situado á marxe do río Tambre. Os desniveis son máis acusados na banda norte que no poñente, mentres que polo nordeste, ó pé duns terrapléns exteriores moi acusados, as defensas están moi deterioradas. O parapeto presenta unha altura no seu nivel interior de 2,5 metros e ten uns 3 metros de espesor. O outeiro no que está o recinto ten un cumio plano e circular situado a uns 190 metros sobre o nivel do mar.

As dimensións do recinto son duns 90 metros no eixo norte-sur e duns 70 no eixo leste-oeste.

Conservación O recinto está cuberto de piñeiros, toxos e xestas, así como abundante matogueira. O seu parapeto defensivo presenta numerosas fendas estruturais.

Arqueoloxía Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas.

Véxase tamén

Outros artigos Cultura castrexa Castros da provincia da Coruña Ligazóns externas Catálogo de bens culturais. PXOM de Brión. Xuño do 2003.

Forxán Categoría:Brión sen imaxes Categoría:Castros de Galicia sen imaxes