Gaspar Massó García, nado en Bueu o 9 de xuño de 1893 e finado en Vigo o 18 de febreiro de 1991,Faro de Vigo, 19-2-1991, p. 2. foi un industrial conserveiro e escritor galego.
Traxectoria Fillo de Gaspar Massó Ferrer. Da terceira xeración da empresa conserveira Massó, foi presidente da Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescados y Mariscos (ANFACO) entre 1935 e 1937. Foi deputado provincial (1920-1929). Militou na Unión Patriótica e na República en Acción Popular. En 1936 negáronlle o ingreso en Falanxe, pero foi admitido o 18 de xullo de 1937 como adherido. Axudou economicamente a Falange en varias ocasións. En 1939 foi sancionado polo gobernador civil Manuel Gómez Cantos con 1.500 pesetas por “pronunciar frases incorrectas y protestar en tonos airados contra lo dispuesto por la Superioridad sobre la expedición de salvoconductos”.Falanxistas de Bueu.
Colaborou na fundación do Museo de Pontevedra, no establecemento da Misión Biolóxica de Galicia, na edición de Cien obras de la colección Massó e participou na elaboración do Diccionario de la lengua española da Real Academia Española (da que foi membro correspondente) con numerosas achegas técnicas. Foi procurador en Cortes (1943-1946) como empresario pertencente ao Sindicato Nacional de Pesca.
Xerou abundantes patentes de maquinaria para tratar o peixe das conservas. Foi pioneiro en rotular en galego nas súas fábricas.
Obras Cantares populares gallegos Itinerarios turístico gastronómicos de la provincia de Pontevedra, 1964 Nuestro futuro alimenticio: pesca y conservas, 1964 Comentarios gastronómicos, apéndices sobre Economía Conservera, 1967 Origen y desarrollo de la industria conservera en Galicia, 1967 Pedro Madruga de Soutomayor, caudillo feudal, 1975.
Vida persoal
Casou en maio de 1929 con Amalia Bolívar Sequeiros, filla de Tomás Bolívar Massó.El Pueblo Gallego, 17-5-1929, p. 6. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Empresarios do sector conserveiro
Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Deputados provinciais de Pontevedra Categoría:Procuradores en Cortes galegos Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados en Bueu Categoría:Nados en 1893 Categoría:Finados en 1991 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Académicos correspondentes da Real Academia Española