Chukotka (en ruso Чуко́тский автоно́мный о́круг Txukotski Avtonomni Ókrug; Okrug autónomo de Chukotka), e en chukchi Чукоткакэн автономныкэн округ (Txukotkaken avtonomiken ókrug)) é un distrito autónomo de Rusia. Atópase no extremo oriental de Siberia, onde vive o pobo dos chukchis, e inclúe a península de Chukotka. Está situada entre o océano Ártico no norte e o océano Pacífico no leste, e está separada de Alasca (América do Norte) polo estreito de Bering. Limita cos territorios rusos seguintes: a república de Iacutia no oeste, o oblast de Magadán no suroeste e o distrito autónomo de Koriakia no sur. Ten unha extensión de 737.700 km² e unha poboación de 48.029 habitantes (2024),https://rosstat.gov.ru/storage/mediabank/Сhisl_MO_01-01-2024.xlsx cunha densidade de 0,07 hab/km². A capital é Anadir.
Xeografía
Bañada polo mar da Siberia Oriental, o mar de Chukchi e o mar de Bering, o territorio ocupa a península dos Chukchis e a rexión adxacente, e inclúe a illa de Wrangel (Umqilir) e outras menores. É unha rexión inhóspita, fría e montañosa, e o río principal é o río Anadir (en chukchi Jàajwaam)
Economía
A economía de Chukotka está baseada sobre todo na exportación de materias primas (carbón, ouro, prata, platino etc.), a pesca (caviar) e os produtos manufacturados de pel. Porén todos os bens de consumo, alimentarios e industriais son importados de Rusia.
Poboación
Hai unha notable variedade étnica na poboación: viven 60 nacionalidades diferentes. Segundo o censo ruso de 2002 a composición nacional é a seguinte: rusos 51,86% chukchis 23,45% ucraínos 9,22% inuit 2,85% evens 2,61% chuvans 1,778% tártaros 0,99% belarusos 0.96% iukaghirs 0,34% chuvaxos 0,30% moldovos 0,24% buriatos 0,22% alemáns étnicos 0,22% baxkires 0,22% azerís 0,2% algúns outros pequenos grupos que non chegan ao centenar de persoas cada un o 2.23% dos habitantes non especificaron a que grupo étnico pertencen
censo 1939 censo 1959 censo 1970 censo 1979 censo 1989 censo 2002 chukchis 12.111 (56,2%) 9.975 (21,4%) 11.001 (10,9%) 11.292 (8,1%) 11.914 (7,3%) 12.622 (23,5%) Chuvans 944 (0,6%) 951 (1,8%) Inuit 800 (3,7%) 1.064 (2,3%) 1.149 (1,1%) 1.278 (0,9%) 1.452 (0,9%) 1.534 (2,9%) Evens 817 (3,8%) 820 (1,8%) 1.061 (1,0%) 969 (0,7%) 1.336 (0,8%) 1.407 (2,6%) Rusos 5.183 (24,1%) 28.318 (60,7%) 70.531 (69,7%) 96.424 (68,9%) 108.297 (66,1%) 27.918 (51,9%) Ucraínos 571 (2,7%) 3.543 (7,6%) 10.393 (10,3%) 20.122 (14,4%) 27.600 (16,8%) 4.960 (9,2%) Outros 2.055 (9,5%) 2.969 (6,4%) 7.049 (7%) 9.859 (7%) 12.391 (7,6%) 4.432 (8,2%)
Véxase tamén
Ligazóns externas Web oficial do Distrito Autónomo de Chukotka Web de Chukotka con imaxes
Categoría:Xeografía de Rusia