O castro de Nós, tamén chamado Alto das Gobernas, ou Monte do Castro, ou Castro de Sarro, ou Castro Iñás, é un castro situado na parroquia de San Pedro de Nós, no concello coruñés de Oleiros.
Morfoloxía Consta dun recinto fortificado de planta elíptica. Ten unhas dimensións de 160 metros no eixo este-oeste e 80 metros no eixo norte-sur.
As defensas están formadas por un talude na parte norte, cun terraplén exterior cunha altura de case 4 metros, case vertical na súa cara exterior pero de pendente lene na cara interior. Na zona oeste preséntanse un foso e un parapeto que salvan un desnivel de ata 8 metros. O lado meridional está defendido pola caída natural do terreo, pechándose tan só cun terraplén.
Na parte noroeste está o acceso. Aprécianse algunhas estruturas que poderían ser un sistema defensivo para protexer a entrada ó interior do asentamento.
Arqueoloxía Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas.
Véxase tamén
Outros artigos Castro Cultura castrexa Castros da provincia da Coruña
Ligazóns externas Catálogo. PXOM de Oleiros. Novembro do 2008.
Nós