O castro de Santa Marta é un castro situado na península de Santa Marta, na parroquia de Baíña, concello pontevedrés de Baiona.

Morfoloxía Consta dun recinto fortificado situado sobre unha península que constitúe unha defensa natural.

Está organizado mediante aterrazamentos. Non hai indicios visibles da existencia de edificios nin defensas, excepción feita do terraplén da croa, de difícil datación. Está parcialmente alterado por obras de construción. Sobre a croa hai unha capela de orixe medieval cuxa contorna foi recentemente axardinada, e no extremo oposto á praia hai un peirao.

Arqueoloxía Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas.

Véxase tamén

Outros artigos Castro Cultura castrexa Castros da provincia de Pontevedra

Ligazóns externas Catálogo do patrimonio cultural. PXOM de Baiona. Novembro do 2007.

Santa Marta