O castro de Morade, tamén chamado O Castro, é un castro situado na parroquia de Baíña, no concello pontevedrés de Baiona.

Morfoloxía Consta dun recinto fortificado situado sobre un outeiro. Na actualidade non se conservan restos aparentes de estruturas defensivas nin de edificios domésticos, excepción feita dalgúns restos do muro perimétrico do recinto.

Arqueoloxía Non se ten noticia de que se teñan realizado campañas arqueolóxicas.

Véxase tamén

Outros artigos Castro Cultura castrexa Castros da provincia de Pontevedra

Ligazóns externas Catálogo do patrimonio cultural. PXOM de Baiona. Novembro do 2007.

Morade