A bandeira do Líbano (en árabe: علم لبنان) está formada por dous franxas horizontais vermellas envolvendo a outra branca. A franxa branca é o dobre de grande que cada unha das vermellas (proporción 1:2:1), o que se coñece en vexiloloxía como a franxa española. O cedro verde situado no medio toca cada unha das dúas franxas vermellas e a súa anchura é un terzo do longo total da bandeira. Foi adoptada o 7 de decembro de 1943.
Descrición O texto completo do artigo 5 da Constitución libanesa di:
A proporción non se menciona na constitución, pero é de 2:3. O seu significado non é claro, pero o branco é a cor dos iemenitas e maronitas, en tanto que o vermello é o dos kaisitas. Esta bandeira é nacional e de Estado, en terra e en mar, e ten tamén outros usos con algunhas variacións:
Como bandeira de proa Como bandeira da mariña de guerra Como bandeira do exército de terra (cedro máis pequeno con inscrición dourada encima e, en cada esquina, dentro do vermello, uns loureiros dourados; na parte de atrás se parte en diagonal ascendente, branca e vermella, co emblema do exército dourado no centro) Bandeira triangular, decorativo e para a garda presidencial Vertical, decorativa
A forza aérea utiliza un emblema vermello cun triángulo branco co tres lados iguais, dentro do cal hai un disco verde.
Historia miniatura|180px|Bandeira posterior á caída do Imperio Otomán. miniatura|180px|Bandeira durante o mandato francés (1918–1943). miniatura|180px|Deseño orixinal. miniatura|180px|Deseño almacenado na OMPI. Dende o século XVII, os cristiáns maronitas do Líbano utilizaron o cedro como emblema das súas bandeiras brancas. A primeira información certa do seu uso foi en outubro de 1848. A efémera república de Kisrawan, proclamada o 1858, empregou esta bandeira. Na primeira guerra mundial os soldados libaneses (dentro o exército otomán) utilizaron unha bandeira consistente nunha cruz de Santo André vermella sobre fondo branco, e o cedro verde escuro encima, pero tratábase dunha bandeira militar e non nacional.
O 1918 os libaneses izaron a bandeira branca con cedro verde na parte inferior segundo o deseño do escritor emigrado Shukri al-Juri e de Naum Labaki, preparada antes da revolta libanesa de 1918, que precedeu á ocupación francesa. Esta bandeira usábase desde 1919 baixo a autoridade do Mejlis ou Consello administrativo. Ocupada a rexión polos franceses en 1919, o tratado Sikes-Picot de 1916 entre Francia e Gran Bretaña entrou en vigor, quedando o Líbano integrado no Mandato de Siria (tras a Conferencia de San Remo, en abril de 1920). Ao estalar a loita contra o rei de Siria, reino do cal nominalmente o Líbano formaba parte, o Gran Líbano declarouse independente baixo mandato francés. O xeneral Gourad declarou posesión francesa os distritos da Beeka, Hasbaia, Baalbeck e Rashaia o 3 de agosto de 1920, os cales tradicionalmente formaban parte de Siria, considerándoos a base do Gran Líbano, o cal foi proclamado en Beirut o 1 de setembro de 1920 coas fronteiras que conserva o Líbano actual.
A partir deste ano 1920, empezouse a usar a mesma bandeira branca con cedro pero coa francesa na esquina esquerda, e o cedro desprazado á parte baixa, e tamén a bandeira nacional francesa pero co cedro verde na parte inferior da banda branca. A primeira bandeira do Líbano xurdiu definitivamente en 1921, e foi a bandeira francesa co cedro no centro. Foi proposta en 1919 ao presidente Poincaré polo político Naum Moukarzel, líder do Movemento polo Renacemento Libanés. O Gran Líbano constituíu un dos mandatos franceses, e desde 1922 foi administrado conxuntamente cos outros mandatos de Siria (entidade Siria-Gran Líbano), pero desde 1924 obtivo administración separada.
Unha nova constitución o 23 de maio de 1926 estableceu a república autónoma libanesa baixo mandato francés, pero non se produciu ningún cambio na bandeira. O artigo 5 da constitución dicía: "A bandeira libanesa é azul, branca e vermella, co cedro na parte branca", isto é, a bandeira francesa cun cedro no centro. O 26 de novembro de 1941 o xeneral Catroux, en nome do xeneral De Gaulle, e apoiado por tropas británicas, proclamou a independencia e a soberanía do Líbano. O xeneral Dentz, Alto Comisario designado por Vichy, entregoulle o poder. No entanto, a independencia non foi realmente efectiva até 1945, cando as tropas aliadas deixaron o país. Como non era adecuado o uso da bandeira francesa, volveuse a empregar a bandeira branca co cedro.
O 11 de novembro de 1943 producíronse manifestacións contra a detención do presidente Bechara Khalil al-Khoury e algúns ministros, efectuados polo Alto Comisario francés ao derrogar o parlamento, a instancias do presidente, os artigos da constitución que habilitaban a tutela de Francia sobre o Líbano. Sete deputados entraron no parlamento e decidiron establecer unha nova bandeira nacional que seguramente deseñou Henri Pharaon. Estableceuse un goberno provisional en Bechamun que aceptou a bandeira, pero crese que a dividiu en tres franxas horizontais iguais co cedro verde na banda branca ("coa bandeira libanesa" dentro da banda branca). O deseño dos parlamentarios realizouno Saade Munla no Parlamento e foi levado a Bechamun por membros do partido Kataeb e do Najjad (Renacemento), o 19 de novembro de 1943, sendo izada a bandeira o domingo 21 de novembro de 1943. O debuxo do deseño parlamentario mostra unha bandeira en franxas 1:2:1 pero co cedro moito menos natural. O artigo 5 da Constitución foi cambiado: "A bandeira libanesa é vermella, branca e vermella en franxas horizontais co cedro verde ao centro da franxa branca". O día 21 de novembro foi establecido como día da bandeira nacional en 1979.
O 22 de novembro de 1943, o xeneral Catroux, que retornara ao Líbano para terminar cos disturbios, libera aos gobernantes e restitúeos nos seus cargos, polo que se considera tal data como o día da Independencia. A nova bandeira se oficializa o 7 de decembro de 1943. O 27 de decembro a Francia de De Gaulle recoñeceu á República e acordou a evacuación a partir de 1944. O inicio da evacuación alargouse até 1945 e non se completou até o decembro de 1946.
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Símbolos do Líbano Libano Líbano