Eduardo Sanjurjo de Carricarte, nado na Coruña o 16 de decembro de 1911 e finado na mesma cidade o 14 de febreiro de 1966, foi un avogado e alcalde da cidade da Coruña. Traxectoria miniatura|esquerda|Placa da Rúa Alcalde Sanjurjo.
Estudou dereito en Valladolid e despois da guerra civil traballou cos alcaldes da Coruña Fernando Álvarez de Sotomayor e José Pérez-Ardá.
Accedeu á alcaldía o 13 de agosto de 1963 e cesou o 20 de decembro de 1965. Durante o seu mandato a cidade tivo unha época de grande expansión e grazas á súa iniciativa o 3 de xullo de 1964 constituíuse o Instituto José Cornide. Foi procurador en Cortes (1961-1964).
Faleceu dous meses despois de deixar a alcaldía, despois de estar internado un tempo na clínica La Rosaleda de Santiago de Compostela.
Honras Gran Cruz da Orde do Mérito Militar, con distintivo branco en 1964Decreto 2965/1964, de 1 de octubre, por el que se concede a don Eduardo Sanjurjo de Carricarte la Gran Cruz de la Orden del Mérito Militar, con distintivo blanco. BOE Gran Cruz da Orde de Cisneros ao mérito político.
Medalla de Ouro da Coruña, a título póstumo.
O concello da Coruña deulle o seu nome a unha rúa e a un colexio no barrio de Monte Alto. En 2010 a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña denunciou que estas honras debían ser retiradas conforme á Lei de memoria histórica. En 2022 o colexio Sanjurjo de Carricarte pasou a denominarse Torre de Hércules. En 2025 a rúa pasou a levar o nome dos Diplomáticos de Monte-Alto.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1911 Categoría:Finados en 1966 Categoría:Alcaldes da Coruña Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Procuradores en Cortes galegos Categoría:Avogados da Coruña