The Verve foi unha banda inglesa de rock alternativo formada en Wigan no ano 1990. Fundárona o vocalista Richard Ashcroft, o guitarrista Nick McCabe, o baixista Simon Jones e o batería Peter Salisbury. O guitarrista e teclista Simon Tong uniríase a eles máis tarde na súa primeira reunión.

Comezou facendo un son psicodélico con influencias do shoegazing e do space rock, e a mediados dos 90 o grupo xa levaba editados varios EPs e tres álbums. O seu éxito comercial chegou en 1997 co seu traballo Urban Hymns e o seu sinxelo "Bitter Sweet Symphony". Pouco despois, en abril de 1999, separáronse debido a conflitos internos. A formación orixinal reuniuse en xuño do ano 2007, comezando unha xira e editando o álbum Forth en agosto de 2008. No 2009 a banda volvería a separarse.

Discografía Álbum Ano Selo A Storm in Heaven 1993 Vernon Yard, Hut, Virgin A Northern Soul 1995 Vernon Yard, Hut Urban Hymns 1997 Hut, Virgin Forth 2008 Parlophone, Megaforce, EMI

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais de britpop Categoría:Grupos musicais de shoegazing Categoría:Grupos musicais de neopsicodelia Categoría:Grupos musicais de space rock Categoría:Grupos musicais do condado do Gran Manchester Categoría:Grupos musicais formados en 1990