Luís Celeiro Álvarez, nado en Samos o 25 de decembro de 1955, é un xornalista e escritor galego.
Traxectoria Licenciado en Ciencias da Información (rama de Xornalismo) pola Universidade Complutense de Madrid, é doutor en Socioloxía e Ciencia Política, pola Universidade de Santiago de Compostela.
Desenvolveu a súa actividade como xornalista en A Nosa Terra, o semanario Tempo Galego, correspondente de Diario 16 en Galicia, colaborador de La Voz de Galicia, El Progreso, La Región, El Correo Gallego, O Correo Galego, Diario de Pontevedra, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e El Ideal Gallego, xunto con outra serie de publicacións diarias e semanais. Entre 1991 e 1996 foi xefe do Gabinete do Conselleiro, primeiro, de Relacións Institucionais e, despois, de Cultura. En xuño de 1996 retomou a súa actividade como director de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela. No ano 1997 encargáronlle a dirección da súa publicación xornalística e, en novembro de 1999, a do diario dixital USC. Xornal electrónico, o primeiro xornal diario electrónico das universidades do Estado Español. Tamén foi xefe do Gabinete de Comunicación e profesor Asociado na Facultade de Ciencias da Comunicación nesta mesma Universidade.
Foi presidente do Instituto de Estudos da Comunicación (IECO), é membro do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, membro da Asociación de Xornalistas de Santiago de Compostela, membro da Asociación Galega de Amigos do Camiño de Santiago (AGACS), vicepresidente da Asociación de Xornalistas e Estudiosos do Camiño de Santiago (APECSA) e académico numerario da Academia Xacobea.
Obras Ensaio El Escolar, El Faro de Veiga e La Voz de Ortigueira (1989). Xacobeo: bibliografía (1994). Os Gabinetes de comunicación en Galicia: portavoces de organizacións, fontes abertas ós medios, (1995). Tese de doutoramento. USC. Elías Valiña (1996). Xunta de Galicia. ISBN 978-84-453-1590-3. Fiz Vergara Vilariño, poeta nos eidos da bremanza,(2003). Fundación Caixa Galicia. Elías Valiña, o valedor do Camiño: 1955-1989 (2007,). Xunta de Galicia. Elías Valiña, valedor del Camino: 1955-1989 (2007). Xunta de Galicia. Andares (2025). Lar Libros. 304 páxs. ISBN 978-84-129991-4-3.
Obras colectivas A Comunicación na empresa e na institución, 2000, Ir Indo. Apuntes sobre a prensa comarcal en Galicia, 1990. Sucasas, 1993. Estratexias dos medios locais galegos na fin de século, 1999. Realidade social galega, 2000. Premios
Premio Literario Ánxel Fole, 2002.
Notas
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Xornalistas de Samos
Categoría:Premio Ánxel Fole Categoría:Nados en Samos
Categoría:Nados en 1955