Francesco Masala, nado en Nughedu San Nicolò o 17 de setembro de 1916 e finado en Cagliari o 23 de xaneiro de 2007 foi un poeta e ensaísta sardo en lingua italiana e sarda.
Traxectoria Estudou en Ozieri e Sassari. Gradouse en filosofía e letras na Universidade La Sapienza de Roma coa tese Il Teatro di Luigi Pirandello con Natalino Sapegno como relator.
Como poeta, en 1951 recibiu o Premio Grazia Deledda, e en 1956 o Premio Chianciano por Pane nero. En 1962 publicou Quelli dalle labbra bianche, co editor Giangiacomo Feltrinelli, e en 1981 a antoloxía bilingüe Poesias in duas limbas con Vanni Scheiwiller.
A súa obra máis coñecida é Quelli dalle labbra bianche, que en 1999 tivo unha adptación cinematográfica dirixida por Piero Livi. Foi presidente da comisión do Premio literario en sardo Città di Ozieri, e en 1978 do Comitadu prol sa limba, que foi promotor da Proposta de Lei de Iniciativa Popular polo Bilingüismo Perfecto en Sardeña, a partir da cal xurdiu a Lei da Rexión Autónoma de Sardeña o 17 de outubro de 1997.
Nos eidos cultural e político mantivo importantes vínculos con persoeiros do talle de Emilio Lussu, Aldo Capitini, Giuseppe Dessì ou Salvatore Cambosu.
ObraÉ soamente unha escolma e polo tanto está incompleta. Il vento. Pane nero, Siena, Maia, 1960 Lettera della moglie dell’emigrato, Milán, Feltrinelli, 1968 Storia dei vinti. Milán, Jaca Book, 1968 Il riso sardonico, Cagliari, GIA, 1984. Il parroco di Arasolè, Il Maestrale, Nuoro 2001 Storia del teatro sardo. Storia della produzione teatrale in Sardegna, Quartu Sant'Elena, Alfa editrice, 1987 Storia dell’acqua in Sardegna, Cagliari, EAF, 1987 Quelli dalle labbra bianche, Il Maestrale, Nuoro 1995. ISBN 88-89801-72-7 Poesias in duas limbas. Milán 1981 e Nuoro 2006
Notas
Véxase tamén Bibliografía Giovanni Mameli, "I novant'anni di Francesco Masala, uno storico dei vinti", en Il Messaggero Sardo, decembro de 2006, páx. 19. Consultábel e liña .
Ligazóns externas Biografía Francesco Masala en IMDb
Categoría:Escritores en lingua italiana Categoría:Nados en 1916 Categoría:Finados en 2007 Categoría:Nados na provincia de Sassari