O castro de Monte Castrelo, tamén chamado Cima de Vila, é un castro situado entre a parroquia de San Vitoiro da Mezquita e San Mamede de Urrós, no concello ourensán de Allariz, e a de Proente, no concello tamén ourensán da Merca.

Morfoloxía Consta dun recinto fortificado situado sobre un outeiro a 655 metros sobre o nivel do mar. Na aba que mira ó concello da Merca obsérvanse tres liñas de murallas con cadanseus socalcos, pero non así na vertente que se asoma ó concello de Allariz.

Arqueoloxía Durante prospeccións arqueolóxicas atopáronse restos de cerámica con desengraxantes de seixo pertencentes a bordos e corpos. Apareceron tamén anacos de cerámica medieval, que foron depositados no Museo Arqueolóxico de Ourense.

Véxase tamén

Outros artigos Castro Cultura castrexa Castros da provincia de Ourense

Ligazóns externas Catálogo de elementos arqueolóxicos. PXOM de Allariz. Abril do 2003.

Monte Castrelo Monte Castrelo