Damageplan foi un supergrupo estadounidense de heavy metal procedente de Dallas, Texas formado no ano 2003. Despois da desaparición do seu anterior grupo Pantera, os irmáns Dimebag Darrell e Vinnie Paul Abbott querían comezar unha nova banda. A parella recrutou ao antigo guitarrista de Halford Pat Lachman para as voces, e posteriormente a Bob Zilla como baixista. Damageplan editou o seu primeiro álbum, New Found Power, o 10 de febreiro de 2004, que se estreou no número 38 da Billboard 200, vendendo 44.676 copias na súa primeira semana.
Mentres Damageplan promovía o álbum nun concerto o 8 de decembro de 2004, un home chamado Nathan Gale subiu ao escenario e asasinou a Darrell, o guitarrista da banda. A pesar de que non se atoparon motivos, algunhas testemuñas afirman que Gale culpou aos irmáns da ruptura de Pantera e de que lle roubaran as súas letras. Gale foi morto por un oficial de policía. Abbott e Zilla uníronse posteriormente á banda Hellyeah, e Lachman fixo o mesmo con The Mercy Clinic.
Membros Dimebag Darrell - guitarra (2003–2004) Vinnie Paul - batería (2003–2004) Pat Lachman - voz (2003–2004) Bob Zilla - baixo (2003–2004)
Discografía
Álbums de estudio New Found Power - 2004 (Elektra)
Sinxelos
Ano Título US Main Álbum 2004 "Save Me" 16 New Found Power "Breathing New Life" — "Explode" — "Pride" 30 "—" indica un sinxelo que non acadou unha posición na lista.
Vídeos musicais
Ano Título Director 2004 "Save Me" Salzy "Breathing New Life" Red Ezra "Explode"
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Grupos musicais de heavy metal Categoría:Grupos musicais de groove metal Categoría:Grupos musicais de hard rock Categoría:Grupos musicais de Texas Categoría:Grupos musicais formados en 2003 Categoría:Grupos musicais separados en 2004 Categoría:Supergrupos