O Lycoperdon perlatum é un cogomelo coñecido como fungato e tamén chamado fungón, fungo de sapo ou bufo de vella.Diccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C) A Coruña, Deputación da Coruña, 2000 É un tipo de cogomelo dos chamados peidos de lobo, fungos da familia das licoperdáceas de corpo frucífero globoso, abrancazados por fóra ao principio cheos dunha gleba branca, maciza (comestíbel) que ao madurar se transforma nun po pardo formado polas esporas.

Características Descrición O fungo é branco e a medida que alcanza a madurez vaise tornando marrón. Posúe uns grans pequenos a modo de verrugas en toda a parte superior que se desprenden facilmente.

Hábitat Pode ser atopado nos bosques de coníferas e de árbores de folla caduca, no verán, outono e primavera, especialmente xunto a excrementos de cervo.

Diferenciación Pode confundirse co Lycoperdon echinatum, mais este é máis escuro, cun tinge avermellado ou co Lycoperdon mammiforme que é máis voluminoso e de cor crema.

Usos Comestibilidade É un fungo comestible pero só cando é novo e de cor branca.

Medicinal Emprégase na medicina popular coma hemostático de uso externo. A masa esporífera aplícase directamente sobre das feridas, exercendo unha acción hemostática, antibiótica e cicatrizanteGuía de Planta Medicinais de Galicia, Rigueiro, Romero, Silva-Pando e Bermejo, Galaxia,1996.

Era frecuente empregar "o seu fume" (a masa esporífera) para tratar os problemas na pel dos cativiños, derivados polo uso dos cueiros.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha do Lycoperdon Perlatum

Categoría:Lycoperdon Categoría:Fungos de Galicia Categoría:Fungos comestibles Categoría:Fungos descritos en 1796