Xosé Manuel Blanco Pardo, nado na Coruña o 14 de abril de 1950, é un etnógrafo e ensaísta galego.
Traxectoria Licenciado en Filosofía e Letras e doutor en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. En 1989 doutorouse coa tese Religiosidad popular en el municipio de Begonte, dirixida por José Manuel Vázquez Varela. Foi profesor de Filosofía no IES Xoán Montes de Lugo.
Foi socio fundador da Asociación de Amigos do Conxunto Histórico-Artístico de Sargadelos. Colabora con temas relacionados coa antropoloxía, etnografía e historia en distintos boletíns e revistas culturais: Boletín do Museo Provincial de Lugo, Caderno de Estudios Chairegos, Castiñeiro Milenario, Croa, Estudios Mindonienses, Lucensia, Lucus, Pena do Encanto etc., así como en revistas dixitais como Galicia Encantada. Desde o ano 2009 coordina e colabora na nova revista dixital Etnografía ligada ao Mesón do Forno.
Obra en galego Ensaio As Romaxes da Terra Chá, 1982, Deputación de Lugo. Exvotos e rituais nos santuarios lucenses, 1996, Deputación de Lugo. Santuarios da Terra Chá. 2019. IES Terra Chá. Vilalba (Lugo) Santuarios da provincia de Lugo. Estudio Fotográfico. Vicepresidencia segunda da Deputación. Lugo. 2023.
Obras colectivas Cruces e cruceiros do Municipio de Begonte, 1988, Deputación de Lugo. Catálogo de cruceiros da Terra Chá: Cruceiros de Castro de Rei e Outeiro de Rei, 1998, Ediciós do Castro. Cruceiros de Guitiriz, 1999, Ediciós do Castro. Cruceiros de Begonte, Cospeito e Rábade, 2000, Cadernos do Seminario de Sargadelos, Ediciós do Castro. Cruceiros, Cristos e Cruces de Pastoriza, 2002, Ediciós do Castro. Cruceiros, Cristos e Cruces de Xermade, 2004, Ediciós do Castro. Esmoleiros, Cruceiros, Cristos e Cruces de Abadín, 2006, Ediciós do Castro. Catálogo de Cruceiros de Muras, 2009. Catálogo de Cruceiros de Vilaba, 2011. Tempos de festa en Galicia, Fundación Caixa Galicia.
Obra en castelán Ensaio Religiosidad popular en el Municipio de Begonte, 1991, Deputación de Lugo. Obras colectivas Begonte, pasado y presente, 1987, Alvarellos.
Recoñecementos IX Certame Literario da Terra Chá (1972) Premio de periodismo Manuel Mato Vizoso (1982) Premio de periodismo Manuel Mato Vizoso (1984) Premio Cal da Loba (1999). Foi nomeado Milagrosista 1997.
Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1950