Victoria Federica de Todos los Santos de Marichalar y Borbón, nada en Madrid o 9 de setembro de 2000El País: Nace a primeira neta dos Reis, que se chamará Victoria Federica, é a segunda filla da infanta Helena, duquesa de Lugo, e Jaime de Marichalar. É neta dos reis eméritos de España, Xoán Carlos I e Sofía de Grecia, e sobriña dos reis Filipe VI e Letizia Ortiz.
Foi nomeada Victoria pola súa tataravoa a raíña Vitoria Uxía de Battenberg, esposa de Afonso XIII de España, e Federica pola súa bisavoa Frederica de Hannover, esposa de Paulo I de Grecia, e Todos os Santos como é costume na Casa Real. Os seus padriños foron o seu tío materno, o entón príncipe Filipe, e a súa tía paterna, Ana de Marichalar e Sáenz de Tejada.
Victoria é a quinta na liña de sucesión ao trono español, por detrás das súas curmás Lionor e Sofía de Borbón, a súa nai e o seu irmán máis vello Felipe Juan Froilán.Cinco Días: Así é a liña de sucesión da monarquía española Como filla dunha infanta de España dáselle o trato de A súa Excelencia e posúe a dignidade de Grande de España.
Ascendencia
Notas
Véxase tamén Familia real española
Categoría:Familia real española Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 2000