O Parque Natural Marítimo-Terrestre do Cabo de Gata-Níjar é un parque natural da provincia de Almería, declarado como tal no 1987.

Foi o primeiro, con esta denominación, de ámbito marítimo-terrestre do Estado, e probablemente un dos últimos redutos de costa virxe do Mediterráneo.

Nel habitan multitude de especies vexetais xerófitas endémicas e ata hai poucos anos foi santuario das últimas focas monxe de Europa.

A composición do terreo é fundamentalmente rochas sedimentarias, (gres etc.) de antigos fondos mariños, pero na zona tamén existen multitude de rochas volcánicas en moitas das súas manifestacións.

Na actualidade estase a desenvolver unha grande actividade turística aproveitando as paradisíacas praias que hai alí.

Por estas e outras características está declarado como Reserva da biosfera pola UNESCO.Máis información no Portal sobre o Parque Natural de Cabo de Gata

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Cabo de Gata

Cabo de Gata Categoría:Provincia de Almería Categoría:Xeografía de Andalucía