Saint-Jean-de-Luz (en francés e oficialmente; en ) é unha localidade francesa do departamento dos Pireneos Atlánticos, na rexión da Nova Aquitania.

A súa economía baséase fundamentalmente na pesca e o turismo. Xunto coa localidade de Ciboure, está bañada por unha baía aberta ao mar Cantábrico. Entre Saint-Jean-de-Luz e Ciboure desemboca no mar Cantábrico o río Nivelle. Limita ao leste con Guéthary e Saint-Pée-sur-Nivelle, ao sur con Ascain, ao suroeste con Ciboure e ao noroeste e ao norte co mar Cantábrico.

Demografía Evolución demográfica 1896 1901 1936 1954 1962 1968 1975 1982 1990 1999 3.950 4.304 7.804 9.672 10.241 10.841 11.854 12.769 13.031 13.247 Datos a partir de 1962: Poboación sen dobres contas

Galería de imaxes

Véxase tamén Outros artigos Desaparición de tres mozos galegos en Saint-Jean-de-Luz Ligazóns externas

Sitio web da cidade

Categoría:Concellos do departamento dos Pireneos Atlánticos