miniatura|Bóveda de aresta, sobre piares. A bóveda de arestaGran dicionario Xerais da lingua galega, Vigo, Xerais, 2009 é o elemento arquitectónico abovedado que se emprega para cubrir espazos cuadrangulares; resulta da intersección de dúas bóvedas de canón, que se cruzan de xeito perpendicular.

Historia e características Fórmase por dúas superficies semicilíndricas ortogonais cuxas liñas de intersección, ou arestas, son arcos de elipse que se cruzan no vértice superior.

Os enxeñeiros e arquitectos romanos espallárona polo Imperio utilizándoa como alternativa aos sistemas alintelados e as cubertas planas para espazos pequenos.

Mantida durante a alta idade media pola súa facilidade de construción, convértese nun dos sistemas máis estendidos da arte románica. Salvo notables excepcións -Santa Madalena de Vezelay, no Camiño francés de peregrinación a Santiago- o seu desenvolvemento circunscríbese ás naves laterais e ás cubertas da tribuna. As grandes igrexas de peregrinación a Santiago como a de Santa Fe de Conques, San Martiño de Tours, San Sernin de Tolosa ou a propia Igrexa catedral de Santiago de Compostela son excelentes exemplos do seu desenvolvemento técnico.

Abandonada pola bóveda de crucería no Gótico, recupérase con nova forza e brío construtivo no Renacemento, sobre todo no Quattrocento italiano onde Brunelleschi é firme defensor das súas posibilidades construtivas e decorativas. O Barroco compatibilízaa con outras cubricións ata que a modernidade e as súas novas solucións arquitectónicas relégana ao carácter de solución artesanal tradicional.

Bóveda de aresta nervada Unha bóveda de aresta nervada é a bóveda de aresta que ten nervios ou arcos de reforzo nos puntos de intersección das dúas bóvedasProposta de definición do Servizo de Normalización Lingüística da USC.

Imaxes miniatura|dereita|Bóveda de aresta vista dende abaixo. En letra grosa Arris (Aresta en inglés)miniatura|220px|dereita|Bóveda de aresta vista dende arriba.miniatura|dereita|240px|Bóveda de aresta.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Bóveda (arquitectura) Bóveda de cruzaría

Categoría:Bóvedas