Julio Gutiérrez Rubio, nado en Vitoria o 24 de agosto de 1923 e finado en Madrid o 11 de outubro de 2014, foi un avogado e político español, da época franquista.
Traxectoria Aínda que estudou o bacharelato en Madrid, licenciouse en dereito pola Universidade de Salamanca, onde comezou a militar nas organizacións políticas franquistas, primeiro como xefe do SEU no seu distrito universitario e despois como reitor do Colexio Maior Universitario «San Miguel Árcangel». Instalado como avogado, en 1961 e designado procurador en Cortes por Francisco Franco e ao ano seguinte alcalde de Salamanca. Ocupou ese posto durante catro anos, os dous últimos simultanéandoos co goberno civil de Palencia. En 1966 deixou a alcaldía salmantina, e en 1967 a provincia de Palencia pola de Huelva, onde foi gobernador ata 1969, pois despois pasou a Córdoba ata 1970. Posteriormente foi nomeado delegado nacional de Prensa e Radio e vicesecretario xeral do Movemento, posto que ocupou entre 1973 e 1974.
Home moi fiel ao réxime franquista, o rei Xoán Carlos I desígnouno senador en 1977. Estivo na Cámara Alta unicamente esa lexislatura constituínte, onde ocupou unha cadeira no Grupo Mixto. Despois de abandonar a política dedicouse á avogacía.
Recoñecementos Gran Cruz do Mérito Militar Gran Cruz de Isabel a Católica Gran Cruz de Cisneros Encomenda con Placa do Xugo e as Frechas
Categoría:Senadores de España Categoría:Gobernadores civís de Palencia
Categoría:Nados en Vitoria
Categoría:Nados en 1923
Categoría:Finados en 2014