A Liga Mexicana de Béisbol, ou LMB, é o principal campionato de liga de béisbol profesional que se disputa en México. Trátase dunha liga de verán, a diferenza doutras ligas de béisbol mexicanas menos importantes que discorren durante os meses de outono e inverno (como a Liga Mexicana do Pacífico, ou LMP). Así pois, a LMB comeza cada ano en marzo e remata en agosto cos play offs.

Polo número de espectadores que enchen os estadios, a LMB é a cuarta liga de béisbol máis importante do mundo, despois da MLB norteamericana, da NPB xaponesa e da KBO surcoreana.

Liga menor A Liga Mexicana de Béisbol naceu no ano 1925 e dende 1955 forma parte do béisbol organizado norteamericano. A LMB é unha minor league de nivel AAA, o que quere dicir que ten a máxima categoría dentro da estrutura das ligas menores da MLB norteamericana. As ligas menores son torneos asociados á MLB nas que os equipos traballan cos seus xogadores, con promesas saídas do sistema deportivo universitario norteamericano e con outros xogadores que os equipos da MLB queren poñer a proba. Moitos equipos da Liga Mexicana de Béisbol teñen acordos asinados en exclusiva con equipos da Major League Baseball para a cesión de xogadores. A Liga Mexicana de Béisbol ten a particularidade de ser a única competición pertencente ó béisbol organizado norteamericano que está enteiramente fóra dos Estados Unidos.

Formato O campionato 2011 xogouse a 40 series, 24 fronte a rivais da mesma zona (catro fronte a cada equipo, dous como local e dous como visitante), e 14 fronte a rivais da outra zona (dous fronte a cada equipo, un como local e un como visitante). Os primeiros 90 encontros se xogáronse en series de tres (30 series), mentres que as series restantes se xogaron a dous partidos (10 series). En total cada equipo xogou 110 encontros. No medio da tempada regular, a finais de maio, xogouse un "encontro das estrelas".

Ó remate da tempada regular, os catro mellores equipos de cada zona xogaron os play offs. Primeiro o primeiro de cada zona fronte ó cuarto, e o segundo fronte ó terceiro, en eliminatorias ó mellor de sete encontros. Despois os gañadores de cada eliminatoria enfrontáronse entre si nas series do campionato ó mellor de sete encontros. Os equipos campións de cada zona (Norte e Sur) enfrontáronse por último nas series finais, tamén ó mellor de sete encontros, e o gañador foi o Campión da Liga Mexicana de Béisbol. Nas Series Finais ten vantaxe de campo o equipo pertencente á zona que gaña no "encontro das estrelas".

Equipos

ZonaEquipoCidadeEstadioCapacidadeFundación NorteAcereros de Monclova Monclova, CoahuilaMonclova8.500 1974Algodoneros de Unión Laguna Torreón, CoahuilaRevolución9.935 1940Generales de Durango Durango, DurangoFrancisco Villa4.983 2016Mariachis de Guadalajara Zapopan, XaliscoPanamericano16.500 2021Rieleros de AguascalientesAguascalientes, AguascalientesAlberto Romo Chávez6.494 1975Saraperos de Saltillo Saltillo, CoahuilaFrancisco I. Madero16.000 1970Sultanes de MonterreyMonterrey, Nuevo LeónPalacio Sultán21.906 1939Tecolotes de los Dos Laredos Nuevo Laredo, TamaulipasLaredo, TexasParque la JuntaUni-Trade6.0006.000 1940Toros de Tijuana Tijuana, Baixa CaliforniaChevron17.000 2004 SurBravos de León León, GuanajuatoDomingo Santana6.500 1978Diablos Rojos del México Iztacalco, Cidade de MéxicoAlfredo Harp Helú20.576 1940El Águila de Veracruz Veracruz, VeracruzUniversitario Beto Ávila7.782 1903Guerreros de Oaxaca Oaxaca, OaxacaEduardo Vasconcelos7.200 1996Leones de Yucatán Mérida, IucatánKukulcán Alamo14.917 1954Olmecas de Tabasco Villahermosa, TabascoCentenario 27 de Febrero8.500 1975Pericos de Puebla Puebla, PueblaHermanos Serdán12.112 1938Piratas de CampecheCampeche, CampecheNelson Barrera6.000 1980Tigres de Quintana RooCancún, Quintana RooBeto Ávila9.500 1955

Campións Os equipos máis dominadores da historia da LMB son os Diablos Rojos del México, os Tigres de Quintana Roo e os Sultanes de Monterrey, con 16, 12 e 10 títulos respectivamente. Equipos Campionatos Subcampionatos Tempadas campión Tempadas subcampión Diablos Rojos 16171956, 1964, 1968, 1973, 1974, 1976, 1981, 1985, 1987, 1988, 1994, 1999, 2002, 2003, 2008, 20141940, 1941, 1946, 1947, 1957, 1958, 1963, 1966, 1970, 1977, 1991, 1995, 1996, 1997, 2000, 2001, 2011Tigres1261955, 1960, 1965, 1966, 1992, 1997, 2000, 2001, 2005, 2011, 2013, 20151956, 1982, 1999, 2002, 2003, 2009Sultanes10101943, 1947, 1948, 1949, 1962, 1991, 1995, 1996, 2007, 2018 (O)1942, 1944, 1953, 1969, 1986, 1994, 2006, 2008, 2013, 2018 (P)Rojos del Águila641937, 1938, 1952, 1961, 1970, 20121939, 1960, 1962, 1968Tecolotes571953, 1954, 1958, 1977, 19891945, 1955, 1959, 1985, 1987, 1992, 1993Pericos471963, 1979, 1986, 20161948, 1961, 1964, 1965, 2010, 2014, 2017Leones451957, 1984, 2006, 2018 (P)1954, 1989, 2007, 2019, 2021Azules401940, 1941, 1944, 1951-Alijadores301945, 1946, 1975-Algodoneros271942, 19501943, 1949, 1952, 1974, 1976, 1978, 1990Saraperos262009, 20101971, 1972, 1973, 1988, 2004, 2005Agrario221935, 19361937, 1938Tigres211930, 19331935Cafeteros211939, 19721975Charros211967, 19711950Toros212017, 20212016Piratas201939, 1972-Indios1419821979, 1980, 1983, 1984Broncos1219691967, 1981Acereros1220191998, 2015Leones de O.P.1119311930Rieleros1119782012Guerreros1119982018 (O)74 Regimiento101925-Ocampo101926-Gendarmería101927-Policía101928-Chiclets Adams101929-Tráfico101932-Monte de Piedad101934-Petroleros101959-Bravos101990-Olmecas101993-

Véxase tamén Outros artigos Major League Baseball Minor League Baseball

Ligazóns externas Web oficial da LMB Calendario da tempada 2011