Xosé Luís Regueira Fernández, nado en Goiriz (Vilalba) o 6 de xullo de 1958, é un lingüista galego. Desde 2018 dirixe o Instituto da Lingua Galega. Traxectoria En 1982 licenciouse en Filoloxía Románica na Universidade de Santiago de Compostela, e en 1983 entregou a memoria de licenciatura, co título O exordio estacional na lírica galorrománica medieval. En 1989 conseguiu o doutoramento, coa tese A fala do norte da Terra Chá: estudio descritivo.

Traballou como lector de castelán na Universidade de Colonia, e posteriormente incorporouse ao cadro académico da Universidade de Santiago, neste caso no departamento de Lingua Galega, onde é catedrático. A súa investigación estivo centrada na fonética e na fonoloxía da lingua galega.

É membro do Instituto da Lingua Galega desde 1981, ocupou durante anos o posto de secretario e desde xuño de 2018 é o seu director. Tamén estivo vinculado á revista de investigación Cadernos de Lingua, da que actualmente (2011) é coordinador. O 23 de marzo de 2011 foi escollido académico da Real Academia GalegaIngreso de Xosé Luís Regueira Fernández , Real Academia Galega., lendo o 3 de xuño de 2012 o seu discurso de entrada.

Obra Guía bibliográfica de lingüística galega (1996) Os sons da lingua (1998) Dicionario de pronuncia da lingua galega (2011) Oralidades: reflexións sobre a lingua falada no século XXI, discurso de entrada na RAG, lido o 3 de xuño de 2012 e respondido por Manuel González González.

Obras colectivas Gramática galega (Galaxia, 1986, xunto con Henrique Monteagudo e Rosario Álvarez Blanco; Premio Antón Losada Diéguez)

55 mentiras sobre a lingua galega (Laiovento, 2009).

Traducións O rei Túnix (Mira Lobe, 1962; xunto con Rosa María López Gato).

Notas

Véxase tamén

Categoría:Lingüistas de Galicia Categoría:Escritores de Galicia Categoría:Escritores en lingua galega Categoría:Nados en Vilalba Categoría:Nados en 1958 Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Membros de número da Real Academia Galega