miniatura|dereita|Unha pastora
A pastorela é un subxénero da lírica moi cultivado en Francia e Provenza. Consiste nunha composición amorosa que alude ó encontro dun cabaleiroHenrique Monteagudo et al. Tres poetas medievais da Ría de Vigo: Matín Códax, Mendiño e Johán de Cangas. Galaxia, 1998, páxina 39 cunha pastora. O fundamental da peza é o diálogo amoroso, nunha paisaxe primaveral (medio bucólico), que comeza o personaxe masculino e ao que resposta a pastora. Ela pode sucumbir ao pastor, "vencelo" no diálogo, ou ser rescatada por outros pastores. Representa as posibilidades do amor entre un nobre e unha vilá, polo que está fóra do código do amor cortés. No ámbito galego-portugués consérvanse oito textos que adoptaron elementos da cantiga de amor ou da de amigo, dando lugar a unha forma híbrida.
Historia e características
Orixe miniatura|150px|Marcabru, nun libro manuscrito O xénero creouno MarcabrúRuben Charles Cholakian The troubadour lyric: a psychocritical reading. Manchester University Press, 1990, páxina 156, poeta occitano da primeira metade do século XII, na lírica occitana coñécese como pastorella, e foi frecuente na lírica de Oil do século XIII, pasando moi pronto á lírica galego-portuguesa medieval.
Pastorelas galego-portuguesas Consérvanse unhas 25 pastorelas en occitano, 150 en francés e 7 en galego-portuguésCarlos Alvar e Vicente Beltrán, Antología de la poesía gallego-portuguesa, Alhambra, 1989, páxina 43. Os autores que escribiron pastorelas en galego-portugués foron Pedro Amigo de Sevilha, Johan Airas, Johan Perez de Aboim, Airas Nunes e Don Dinís (deste último consérvanse tres). O xénero foi importado no último terzo do século XIII, mais non callou ben na nosa lírica e presenta moitas hibridacións coa cantiga de amigo e de amor. A pastorela galaico-portuguesa prescinde do diálogo entre cabaleiro e pastora, e limítase a presentar o soliloquio da pastora, razón pola cal ás veces se presenta como un subxénero da cantiga de amigo.
Este é o comezo da pastorela de Pedr`Amigo de Sevilha:
Quando eu un dia fuy en Compostela en romaria, vi unha pastor que, poys fui nado, nunca vi tan bela, nen vi outra que falasse milhor, e demandey-lhe logo seu amor e fiz por ela esta pastorela
Táboa de pastorelas CompositorIncipitNotasMarcabruL'autr' ier jost' una sebissaMarcabruL'autr' ier, a l'issida d'abriuGiraut de BornelhL'autrier, lo primier jorn d'aostGiraut de BornelhLo dous chan d'un auzelGavaudanDesamparatz, ses companhoGavaudanL'autre dia per un matiCadenetL'autrier lonc un bosc folhosGui d'UsselL'autre jorn cost' una viaGui d'UsselL'autr' ier cavalcavaGui d'UsselL'autre jorn per aventuraPaulet de MarselhaL'autrier manei ab cor pensiuGuiraut RiquierL'autre jorn m'anava1260Guiraut RiquierL'autr' ier trobei la bergeira d'antan1262Guiraut RiquierGaia, pastorela1264Guiraut RiquierL'autr' ier trobei la bergeira1267Guiraut RiquierD'Astarac venia1276Guiraut RiquierA Sant Pos de Tomeiras1282Joan EsteveL'autr' ier al gai tems de Pascor1275Joan EsteveEl dous tems quan la flor sesplan1285Joan EsteveOgan al freg que fazia1288Guiraut d'Espanha ?Per amor soi gaiCerverí de GironaEntre Lerida e BelvisCerverí de GironaEntre Caldes e PenedesCerverí de GironaEn mai, can per la calorCerverí de GironaPres d'un jardi, encontrei l'altrediaJoyos de TolosaL'autr' ier el dous tems de PascorGuilhem d'AutpolL'autr' ier a l'issida d'abrilAnónimoL'autrier al quint jorn d'AbrilAnónimoQuant escavalcai l'autr' erChamada balada.AnónimoMentre per una ribeiraTitulada Porquieira.
Notas
Véxase tamén
Bucolismo Égloga
Bibliografía Jeanroy, Alfred. La poésie lyrique des troubadours. Tolosa: Privat, 1934.
Categoría:Literatura galega medieval Categoría:Xéneros de poesía