José Crespo López-Mora, nado na Coruña o 8 de xuño de 1895 e finado na mesma cidade o 28 de febreiro de 1964, foi un político galego. Foi alcalde da Coruña entre 1940 e 1942.

Traxectoria Fillo de Gerardo Virgilio Crespo González, avogado do Estado, estudou Enxeñería de Camiños. Prestou servizos no concello da Coruña, e en 1928 pasou á Delegación do Ministerio de Obras Públicas.

En 1936 foi destinado á Xefatura da IV Demarcación do Circuíto de Firmes Especiais e na guerra encargouse da inspección rexional da reconstrución das pontes da zona norte. En 1940 foi designado alcalde da Coruña por Diego Salas Pombo, gobernador civil e xefe provincial do Movemento. Tomou posesión o 19 de decembro en substitución de Pérez-Ardá, quen por súa vez o revezou a el ao remate do seu mandato, o 22 de outubro de 1942. Ao cesar como alcalde volveu ao seu posto como Xefe de Obras Públicas. Recoñecementos

En 2005 dedicóuselle unha rúa na Coruña.

Vida persoal

Casou en Pontevedra con Carmela Pazos Feijoo, filla de Diego Pazos Espez, en 1928,Galicia Nueva, 22-6-1928, p. 2. é pai de Gerardo, José Manuel, Antonio, Carmela, Elvira e Matilde (Crespo Pazos).

Notas

Categoría:Alcaldes da Coruña Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Procuradores en Cortes galegos Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1895 Categoría:Finados en 1964 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes