Vs. é un álbum da banda estadounidense de post-punk Mission of Burma, editado no ano 1982. Foi realizado despois do seu EP Signals, Calls, and Marches, e trátase do único álbum que lanzou a banda durante os 80, xa que pouco despois Mission of Burma separouse debido a que a Roger Miller diagnosticáronlle un acúfeno.
O álbum é aclamado como un dos exemplos clásicos do movemento post-punk e foi colocado no número 49 dos 100 mellores discos dos 80 por Pitchfork Media. Eddie Vedder afirmou que o álbum de Pearl Jam de 1993 Vs. foi titulado así como homenaxe a este disco de Mission of Burma. En abril do ano 2016 a revista Rolling Stone colocouno no posto 40 da súa lista dos 40 mellores álbums de punk de todos os tempos.
Listaxe de cancións Todos os temas foron compostos por Roger Miller agás onde se indique: Cara 1 "Secrets" – 3:22 "Train" (Clint Conley) – 3:31 "Trem Two" – 4:10 "New Nails" – 3:00 "Dead Pool" (Conley) – 4:05 "Learn How" (Peter Prescott) – 3:56
Cara 2 "Mica" (Conley, Holly Anderson) – 3:34 "Weatherbox" – 3:29 "The Ballad of Johnny Burma" – 2:00 "Einstein's Day" – 4:34 "Fun World" – 3:40 "That's How I Escaped My Certain Fate" (Conley) – 2:04
Re-edición en CD "Forget" – 2:59 "OK/No Way" (Conley) – 1:58 "Laugh the World Away" – 3:54 "Progress" (Conley) – 3:06
Notas
Categoría:Álbums de Mission of Burma Categoría:Álbums musicais de 1982