Dumbo é un clásico filme de animación en Technicolor, baseado no libro homónimo de infantil por Helena Aberson e ilustrado por Harold Pearl, estreado o 23 de outubro de 1941, e distribuído por RKO Radio Pictures nas salas de cinema dos Estados Unidos. É o cuarto filme de animación producido por Walt Disney.

Características O personaxe principal é Jumbo Jr., un elefante antropomórfico que é cruelmente alcumado como Dumbo (en inglés, dumb significa tanto «mudo» como, despectivamente, «bobo»). É ridiculizado polas súas grandísimas orellas, aínda que descobre que pode voar usándoas como ás. O seu único amigo é o rato Timothy, parodiando o estereotipado terror dos elefantes cara aos roedores. Dumbo foi un exercicio deliberado de simplicidade e economía para o estudio Disney, actualmente considérase como un clásico da animación.

Sinopse As cegoñas chegan, como todos os anos, o circo para entregar os bebés ás súas respectivas mamás. A señora Jumbo, unha elefanta, descobre que o seu pequeno ten unhas orellas enormes; todas as súas compañeiras rinse do seu bebé, pero a señora Jumbo deféndelle sempre, ata o punto de ser encerrada por enfrontarse a todo aquel que se mofe do seu retoño. O pequeno Dumbo, maltratado e ridiculizado por todos os seus compañeiros, só conta coa axuda dun minúsculo rato chamado Timothy, que decide facer del unha estrela do circo.

Galardóns e nomeamentos O filme gañou un Oscar na categoría mellor banda sonora e foi nomeado na categoría de mellor canción, por Baby Mine. En 1947, Dumbo recibiu o premio ao mellor deseño animado no Festival de Cannes.

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial

Categoría:Filmes de 1941 Categoría:Cinema de animación Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Jack Kinney Categoría:Filmes dirixidos por Bill Roberts Categoría:Filmes dirixidos por Norman Ferguson Categoría:Filmes dirixidos por Ben Sharpsteen Categoría:Filmes producidos por Walt Disney Categoría:Filmes de Walt Disney Pictures Categoría:Filmes sobre animais Categoría:Filmes sobre elefantes Categoría:Filmes ambientados en 1941 Categoría:Filmes preservados no National Film Registry