El Correo de Galicia foi un periódico editado en Ourense entre 1872 e 1874. Historia e características Subtitulado Periódico democrático en consonancia coa súa orientación política republicana, apareceu o 20 de setembro de 1872. Saía os días 5, 10, 15, 20, 25 e 30 de cada mes. Estaba dirixido por Juan Manuel Paz Novoa, que en 1873, co número 30, foi substituído por Manuel de la Peña Rucabado. Editábase na imprenta de Paz. Cesou a súa publicación en novembro de 1874.El Diario de Santiago, 4-11-1874, p. 2.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Prensa escrita de Ourense

Categoría:1872 en Galicia