O Campionato de España de Rallys foi a máxima competición nacional de rally sobre asfalto dende 1956 ata 2020. Estaba organizado pola Real Federación Española de Automobilismo. Calendario Na edición de 2020 do Campionato de España dispútanse 8 rallys, 2 deles en terras galegas:

Rally de Ourense Rally de Ferrol Rally Princesa de Asturias Rally Villa de Llanes Rally Cataluña Rally de La Nucía-Mediterráneo Rally Islas Canarias Rally Comunidad de Madrid

Historia

Anos 1950-1960 Aínda que xa existían probas de rally anteriormente España, como o Rally Costa Brava e o Rally Nacional do RACE, que levaban celebrándose ambas desde 1953, o Campionato de España non naceu ata 1956. Ese ano a Real Federación Española de Automobilismo creou as bases do que inicialmente chamou "Campionato de España de condutores de rallys" e que combinaba probas tanto de rally como de circuíto e montaña.

O gañador da primeira edición foi Javier Sanglas cun Alfa Romeo Giulietta Veloce co que venceu en probas como o Rally Ibérico. Na segunda edición o campionato estaba limitado a condutores españois con licenza de condutor expedida polo Real Automóbil Club de España. O calendario estaba composto por seis probas: 2º Trofeo de Montaña (21 de abril), 5º Rally RACE (30 de maio - 2 de xuño), Volta a Cataluña (28-30 de xuño), Rally dos Pireneos (28 de setembro - 1 de outubro), 2º Rally Ibérico (17-20 de outubro) e circuíto descoñecido (3 de novembro). O certame tivo carácter anual e para proclamarse campión de España era obrigatorio participar no Rally RACE e no Rally Ibérico.​ O gañador foi Fernando Roqué cun Alfa Romeo Sprint Veloce. O campión de 1958 foi o militar Jaime Milans del Bosch a bordo dun SEAT 1400 B. dereita|miniatura|Sergio Vallejo pilotando o Porsche 977 GT3 co cal gañou o campionato en 2009.

Víctor Sagi foi o gañador en 1960 cun Porsche 356, mentres que os BMW 700 de Juan Fernández e Mariano Lorente venceron nas dúas seguintes edicións. Os seguintes anos estiveron dominados pola familia Juncosa, proclamándose campión primeiro Jaime, e logo os seus fillos Jaime Jr. e Manuel, sumando catro títulos entre os tres. Tamén nesa época fixo a súa aparición o francés Bernard Tramont, que gañou o certame en dúas ocasións na modalidade GT cun Renault Alpine A110.

Anos 1970 En 1971 configurouse como Campionato de España de Condutores de Rally e constou só de probas de rally. O calendario incluía 20 rallys: Rally Fallas, Rally Costa Brava, Rally Vasco-Navarro, Critérium Guillerías, Critérium Luis de Baviera, Ruta do Salmón-Cidade de Xixón, 500 km Nocturnos Bujías Bosch, Critérium da Rioxa, Rally de Ourense, Rally do Cid, Rally Rías Baixas, Rally Bosch, Rally Cidade de Oviedo, Rally do Sherry, Rally de España, Rally Firestone, Rally Barcelona-Andorra, Rally 2000 Viraxes e Rally Costa do Sol, que deron como vencedor a Lucas Sainz, copilotado por Juan Carlos Oñoro e a bordo dun Alpine 1490, con algunha incursión nun Renault R8 TS. Disputouse ao mesmo tempo o campionato de España feminino de rallys,​ certame que se organizou durante oito anos. Ata 1972 só se disputou el campionato de pilotos, introducíndose en 1973 o certame de marcas, sendo SEAT o primeiro vencedor.​ Durante os seguintes cinco anos o piloto catalán Antonio Zanini proclamouse campión sempre con modelos da casa SEAT. A partir de 1975 a Federación, para animar aos pilotos a participar en competicións internacionais, decidiu facer puntuables probas do estranxeiro, como o 24 Horas de Ypress, o Rally de Polonia, o Rally de Portugal ou o Rally de San Martino di Castrozza.​ En 1980 comezouse a premiar tamén a categoría de vehículos do Grupo N.

Anos 1980 O calendario sufriu moitos cambios na década de 1980, aumentando e reducindo o número de probas (28 en 1982, 10 en 1988). En 1983 creouse o Campionato de España de Rallys de Terra e o Campionato Internacional de Rally, co propósito de motivar aos pilotos a competir fóra de España. De 1984 a 1992 disputouse tamén a Copa de España de Rally, paralela ao Campionato de España.

Durante esta década Antonio Zanini elevou a súa cifra de títulos ata oito, gañando o último deles en 1984 cun Ferrari 308 GTB. Salvador Serviá gañou os dous seguintes campionatos cun Lancia Rally 037, mentres que Carlos Sainz cun Ford Sierra RS Cosworth foi o vencedor en 1987 e 1988, no segundo deles tendo como copiloto ao coruñés Luís Moya co que gañaría logo dous Campionatos do Mundo. O BMW M3 de Pep Bassas foi o vencedor en 1989.

Anos 1990 Entre 1990 e 2002, o cántabro Chus Puras igualou o récord de Antonio Zanini, logrando el título en oito ocasións e con dúas marcas diferentes: Lancia e Citroën, gañando con esta última en seis ocasións, dúas co Citroën ZX, tres co Citroën Xsara Kit Car e unha co Xsara WRC. Tan só en cinco ocasións outros pilotos puideron gañar o campionato entre 1990 e 2002, algúns aproveitando a non participación de Chus Puras: Ponce (1991), Bardolet (1993), Oriol Gómez (1994), Climent (1996) e Monzón (2001). dereita|miniatura|Alberto Hevia no Skoda Fabia S2000 co que foi campión de España no ano 2010.

Anos 2000 A partir de 2003 comezaron a triunfar os vehículos da categoría Super 1600, logrando o campionato Miguel Ángel Fuster (2003), Alberto Hevia (2004), Dani Sordo (2005) e Dani Solá (2006) con estes automóbiles, para logo deixar paso a outra categoría, a Super 2000, que só cedeu un título fronte ao Porsche 997 dos irmáns lucenses Sergio e Diego Vallejo.

Anos 2010 Na década de 2010 Miguel ángel Fuster gañou catro títulos máis, elevando a súa conta ata 6, mentres que os irmáns Vallejo conquistaron o seu segundo campionato en 2014. O aragonés Cristian García e o piloto de Cambre Iván Ares coroáronse en 2016 e 2017 respectivamente, mentres que o madrileño Pepe López gañou cun Citroën C3 R5 as dúas derradeiras edicións do campionato, en 2019 e 2020.

En 2021 a RFEDA realizou modificacións nos campionatos, convertendo ao Súper Campionato de España no principal certame, combinando probas de aslfalto con probas de terra. Deste xeito desapareceron os antigos campionatos de asfalto e terra, e creándose no seu lugar a Copa de España de Rallys de Asfalto e a Copa de España de Rallys de Terra como certames de segundo nivel.

Palmarés Ano Campión Copiloto Coche1956 Javier Sanglas Pilar LleoAlfa Romeo Giulietta Veloce1957 Fernando Roqué Alfonso MarimónAlfa Romeo Sprint Veloce1958 Jaime Milans del BoschForestSEAT 1400 B1959 Luciano Eliakin "Pascal"Saab 931960 Víctor Sagi Antonio AgramuntPorsche 356 1600 GT1961 Juan Fernández Ramón GrifollBMW 700 CS1962 Mariano Lorente Jesús SáezBMW 700 SC1963 Jaime Juncosa Jaime Juncosa Jr. Manuel JuncosaSEAT 600 AbarthFiat Abarth 8501964 Jaime Juncosa Jr. Varios copilotosAbarth 1000 TC1965 Jaime Juncosa Jr. Artemio Eche1966 Juan Fernández Vidal-RibasPorsche 911 (GT) Jaime Samsó Varios copilotosMini Cooper S (Turismos) 1967 Bernard Tramont Ricardo MuñozRenault Alpine (GT) Manuel Juncosa Artemio EcheFiat 850 TC (Turismos) 1968 Bernard Tramont Ricardo MuñozRenault Alpine (GT) Alberto Ruiz Giménez Varios copilotosRenault 8 Gordini (Turismos)1969 José María Palomo Jorge AdellPorsche 911 R1970 Ruiz Giménez Rafael CastañedaPorsche 9111971 Lucas Sainz Juan Carlos OñoroRenault Alpine1972 Salvador Cañellas Daniel FerraterSEAT 1241973 Jorge Babler Ricardo AntolínSEAT 1241974 Antonio Zanini Eduardo MartínezSEAT 124/18001975 Antonio Zanini Víctor SabaterSEAT 124/18001976 Antonio Zanini Víctor SabaterSEAT 124/18001977 Antonio Zanini Juan José PetiscoSEAT 124/18001978 Antonio Zanini Juan José PetiscoSEAT 131 Abarth1979 Jorge de Bagration Nuria LlopisLancia Stratos HF1980 Antonio Zanini Víctor SabaterPorsche 911 SC1981 Jorge de Bagration Víctor SabaterLancia Stratos HF1982 Antonio Zanini Víctor SabaterTalbot Lotus Sumbean1983 Genito Ortíz Ramón Mínguez Susi CabalRenault 5 Turbo1984 Antonio Zanini Josep AutetFerrari 308 GTB1985 Salvador Serviá Víctor SabaterLancia Rally 0371986 Salvador Serviá Víctor SabaterLancia Rally 0371987 Carlos Sainz Antonio BotoFord Sierra RS Cosworth1988 Carlos Sainz Luis MoyaFord Sierra RS Cosworth1989 Pep Bassas Antonio RodríguezBMW M31990 Chus Puras José ArrarteLancia Delta Integrale 16V1991 José María Ponce José Carlos DénizBMW M31992 Chus Puras José ArrarteLancia Delta HF Integrale1993 Mia Bardolet Joaquim MuntadaOpel Astra GSI1994 Oriol Gómez Marc MartíRenault Clio Williams1995 Chus Puras Àlex RomaníCitroën ZX 16V1996 Luís Climent José Antonio MuñozCitroën ZX 16V1997 Chus Puras Carlos del BarrioCitroën ZX Kit Car1998 Chus Puras Carlos del BarrioCitroën Xsara Kit Car1999 Chus Puras Marc MartíCitroën Xsara Kit Car2000 Chus Puras Marc MartíCitroën Xsara Kit Car2001 Luís Monzón José Carlos DénizPeugeot 206 WRC2002 Chus Puras Carlos del BarrioCitroën Xsara T42003 Miguel Ángel Fuster José Vicente MedinaCitroën Saxo Kit Car2004 Alberto Hevia Alberto IglesiasRenault Clio S16002005 Dani Sordo Marc MartíCitroën C2 S16002006 Dani Solá Xavier AmigoCitroën C2 S16002007 Miguel Ángel Fuster José Vicente MedinaFiat Grande Punto S20002008 Enrique García Ojeda Jordi BarrabésPeugeot 207 S20002009 Sergio Vallejo Diego VallejoPorsche 997 GT32010 Alberto Hevia Alberto IglesiasŠkoda Fabia S20002011 Miguel Ángel Fuster Ignacio AviñóPorsche 997 GT32012 Miguel Ángel Fuster Ignacio AviñóPorsche 997 GT32013 Luis Monzón José Carlos DénizMini Cooper WRC2014 Sergio Vallejo Diego VallejoPorsche 997 GT32015 Miguel Ángel Fuster Ignacio AviñóPorsche 997 GT32016 Cristian García Rebeca LisoMitsubishi Lancer Evo X2017 Iván Ares José Antonio PintorHyundai i20 R52018 Miguel Ángel Fuster Ignacio AviñóFord Fiesta R52019 Pepe López Borja RozadaCitroën C3 R52020 Pepe López Borja RozadaCitroën C3 R5

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina da Real Federación Española de Automobilismo