Francisco Javier "Javi" Chica Torres, nado en Barcelona o 17 de maio de 1985, é un futbolista español. Xoga de defensa e o seu equipo actual é o Real Betis Balompié.

Traxectoria Na tempada 2006–07 participou en 27 partidos de liga e 10 da Copa da UEFA, na que os periquitos proclamáronse subcampións. Na seguinte campaña Chica deu o salto definitivo cun contrato profesional no primeiro equipo, e asignóuselle o dorsal número 2.

Na tempada 2009–10 empezou suplente debido á chegada de Iván Pillud, pero aos dous meses de competición arrebatoulle a titularidade no lateral dereito facéndose titular indiscutible e sendo un dos xogadores máis importantes do equipo até a súa lesión na xornada 35 contra o UD Almería.

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com

Categoría:Futbolistas de Cataluña Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do RCD Espanyol B Categoría:Xogadores do RCD Espanyol Categoría:Xogadores do Real Betis Balompié Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Nados en 1985