Irene de Todos los Santos Urdangarin y Borbón, nada en Barcelona o 5 de xuño de 2005A infanta Cristina dá a luz unha nena que recibirá o nome de Irene, é a cuarta e única filla da Infanta Cristina de España e Iñaki Urdangarin. É neta dos reis eméritos de España, Xoán Carlos I e Sofía de Grecia, e sobriña dos actuais reis Filipe VI e Letizia Ortiz.
Unhas semanas logo do seu nacemento na Clínica Teknon de Barcelona, a nova membro da Familia real española foi bautizada o 14 de xullo de 2005 no Palacio da Zarzuela. O cardeal Antonio María Rouco Varela presidiu a cerimonia. Os padriños son a princesa Rosario de Bulgaria e Pedro López Quesada.Bautizo de Irene Urdangarín nos xardíns da Zarzuela
Irene é a décima na liña de sucesión ao trono de España, por detrás das súas curmás Lionor e Sofía de Borbón, a súa tía Elena de Borbón e os seus fillos Felipe Juan Froilán e Victoria Federica, a súa nai Cristina de Borbón e os seus irmáns máis vellos Juan, Pablo e Miguel.Cinco Días: Así é a liña de sucesión da monarquía española Como filla dunha infanta de España dáselle o trato de A súa Excelencia e posúe a dignidade de Grande de España.
Ascendencia
Notas
Véxase tamén Outros artigos Familia real española
Categoría:Familia real española Categoría:Nados en 2005 Categoría:Nados en Barcelona