Paloma San Basilio, nada en Madrid o 22 de novembro de 1950, é unha cantante e actriz española.

Trátase dunha das intérpretes máis populares e prestixiosas no ámbito da canción melódica en castelán. A potencia vocal de Paloma San Basilio, e a súa precisión e nitidez no fraseo son as súas características máis destacables.

Traxectoria Paloma San Basilio nace en Madrid, vive a súa infancia en Sevilla e a súa adolescencia en Lugo. Estudou na Universidade Complutense de Madrid uns anos de Filosofía e Letras e Psicoloxía antes de dar comezo á súa carreira artística en 1975, grazas a ser elixida como presentadora dun programa de televisión que se chamaba Siempre en domingo. Ese mesmo ano, grava o seu primeiro disco, Sombras, con ampla repercusión internacional. O seu seguinte traballo, Donde Vas (1977), acentúa os temas máis sentimentais e consolida a súa fama en Hispanoamérica.

En 1985, participa no Festival de Eurovisión cantando a canción La fiesta terminó, que dá por título ao novo álbum composto e producido por Juan Carlos Calderón. No festival rematou no posto 14º. Dentro da serie La comedia musical española de Televisión Española protagoniza Las Leandras e La cenicienta del Palace e co-protagoniza unha terceira, El sobre verde, onde canta De una monedita de oro. As tres revistas saen en discos ao mercado.

Discografía

Sombras (Hispavox, 1975) Donde vas (Hispavox, 1977) En directo (álbum en directo) (Hispavox, 1978) Beso a beso... dulcemente (para Latinoamérica e Estados Unidos) (1979) Evita (musical) (Epic, 1980) Ahora (Hispavox, 1981) Dama (Hispavox, 1982) Paloma (Hispavox, 1984) En vivo (álbum en directo) (Hispavox, 1985) La fiesta terminó (Hispavox, 1985) Las Leandras (1985) La Cenicienta del Palace (1985) Vuela alto (Hispavox, 1986) Grande (Hispavox, 1987) Vida (Hispavox, 1988) La Sinfonía de los Tres Tiempos de América (con Quilapayún) (Para España e Europa) (Hispavox, 1988) Quiéreme siempre (Para España e Europa) (Hispavox, 1990) Nadie como tú (Para Latinoamérica e Estados Unidos) (Capitol, 1990) De mil amores (Para Latinoamérica e os Estados Unidos) (1991) Por fin juntos! Paloma y Plácido (con Plácido Domingo, álbum en directo) (EMI, 1991) Paloma mediterránea (Hispavox, 1992) Al este del Edén (Hispavox, 1994) Como un sueño (álbum en directo) (Hispavox, 1995) Clásicamente tuya (Hispavox, 1997) El Hombre de La Mancha (musical) (1997) Perlas (EMI, 1999) Escorpio (Sony, 2001) My Fair Lady (2001) Eternamente: Grandes éxitos de grandes musicales (Ventura, 2002) La música es mi vida (recompilatorio)(EMI, 2003) Víctor o Victoria (musical) (2005) Diva (recompilatorio, 2 CD e 1 DVD) (EMI, 2006) Invierno Sur (EMI, 2006) Encantados (Sony, 2008) Amolap (EMI, 2012)

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial

Categoría:Cantantes de España Categoría:Actores da Comunidade de Madrid Categoría:Representantes de España en Eurovisión Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1950