O Rally Rías Baixas é un rally de asfalto que se leva a cabo cada ano a finais do mes de maio ou comezos de xuño na comarca de Vigo.

Comezou a disputarse en 1963 e é puntuable para a Copa de España de Rallys de Asfalto. Anteriormente formou parte do calendario do Campionato de Galicia de Rally e durante moitos anos do Campionato de España de Rallys. Os pilotos máis laureados da proba son Germán Castrillón e Miguel Ángel Fuster, con catro vitorias cada un.

Historia miniatura|Miguel Ángel Fuster na edición de 2006, a segunda das súas catro vitorias na proba. A Escudería Vigo, fundada por Manuel Pestana e Eladio Vázquez, foi a primeira organizadora do rally, que tivo a súa primeira edición en 1963. As primeiras edicións foron dominadas por pilotos portugueses, sendo Antonio Peixinho o primeiro vencedor cun Austin Cooper, ao que seguiron as vitorias de Jorge Soromenho e Américo Nunes. En 1966 entrou por primeira vez no calendario do Campionato de España de Rallys, sendo o vencedor dese ano outro portugués, Francisco Ramaozinho, con Estanislao Reverter en segunda posición. Foi en 1967 cando rematou o dominio portugués, ao lograr a vitoria cun Alpine 110 1300 o francés Bernard Tramont, que acabaría proclamándose campión de España ese ano. Ao ano seguinte Juan Fernández cun Porsche 911 S foi o primeiro español en lograr a vitoria e en 1972 Estanislao Reverter o primeiro galego, logrando a vitoria co seu Alpinche e repetindo na seguinte edición. Tras o triunfo en 1974 do francés Marc Etchebers cun Porsche 911 Carrera o rally non se disputou durante os seguintes dous anos.

En 1977 volveuse celebrar, a partir de entón organizado pola Escudería Rías Baixas, e ese ano gañou o rally o ourensán Antonio Freire "Ventura". Tras a vitoria o ano seguinte do vigués Rafa Cid cun Ford Fiesta 1300, viría un lustro de dominio de Porsche, con dúas vitorias máis para Etchebers e tres consecutivas para o tamén vigués Beny Fernández, cun Porsche 911 preparado por Bernard Vara. Na seguinte media década os pilotos canarios Carlos Lamberti, Medardo Pérez e Antonio Ponce foron os dominadores da proba. A principios dos anos 90 Fernando Mouriño púxose á fronte da proba, que non pasaba polos seus mellores momentos, estando fóra do nacional de asfalto dende 1982. O cabanés Germán Castrillón impúxose neses anos ata un total de catro ocasións, dúas veces co Ford Sierra RS Cosworth e outras dúas co Ford Escort RS Cosworth. esquerda|miniatura|En 2013 Sergio Vallejo logrou a súa segunda vitoria no rally, 17 anos despois da primeira. A partir de 1996 coa vitoria de Sergio Vallejo, comezou unha etapa de dominio de Citroën e Peugeot, marcas moi relacionadas coa cidade de Vigo, que conta coa fábrica PSA Peugeot-Citroën desde 1958. En 1998 o rally sufriu a peor de todas as súas edicións: poucos minutos despois do inicio do primeiro tramo, Salceda, a organización detectou manchas de aceite e gasóleo no asfalto, polo que neutralizou dito tramo e posteriormente fixo o mesmo nos seguintes tramos polo mesmo problema. Ao mesmo tempo, interferencias na radio impediron a comunicación entre a dirección da carreira e outros organizadores. No parque pechado da praia de Samil circulaba un panfleto que ameazaba con obstruír os tramos. Ante esta situación, a organización decidiu suspender a proba e os participantes volveron ao parque pechado. Tanto pilotos como organizadores e tamén medios de comunicación condenaron os feitos que cualificaron de "sabotaxe". No aspecto deportivo, Chus Puras proclamouse campión de España de forma automática cando ao non realizarse a proba. O propio Puras obtería a súa primeira vitoria en Vigo ao ano seguinte a bordo dun Citroën Xsara Kit Car e repetiría a vitoria no 2002 co Citroën Xsara WRC. Entre medias, Luis Monzón gañou o rally dúas veces, primeiro cun Peugeot 306 Maxi e logo cun Peugeot 206 WRC. En 2003 Miguel Ángel Fuster sumou a primeira das súas catro vitorias. miniatura|Alberto Meira, campión en 2012, non puido rematar a edición de 2014. O ano seguinte gañou o andorrano Joan Vinyes (segundo andorrano en logralo tras a vitoria de Gerard de la Casa en 1984) e no 2005 Dani Sordo fixo o propio cun Citroën C2 S1600. O asturiano Alberto Hevia gañou o rally no 2007 e despois no 2010 mentres que Enrique García Ojeda venceu no 2008 tras unha gran loita cos irmáns Vallejo. A edición de 2009 contou coa novidade da recuperación do tramo urbano preto de Samil. A vitoria foi para Sergio Vallejo, que gañou oito dos once tramos disputados, pero días despois os comisarios penalizárono con trinta minutos por recibir axuda externa despois da rotura dun palier do seu Porsche 997. Deste xeito a vitoria foille adxudicada a Miguel Ángel Fuster. Ao ano seguinte, os problemas económicos polos que atravesaba a organización puxeron en perigo a realización do rally. En 2011 e 2012 o parque pechado trasladouse ao centro da cidade de Vigo, situado na rúa Príncipe, cun pequeno enlace polo centro histórico da cidade. Xevi Pons venceu a Fuster cun Ford Fiesta S2000 e o piloto local Alberto Meira fíxoo en 2012 co Mitsubishi Lancer Evo X, ano no que o rally entrou no calendario da Copa de Europa de Rally, obrigándoo a disputar a proba durante dous días en vez de nun, como era habitual. En 2013 Sergio Vallejo sumou a súa segunda vitoria dezasete anos despois da primeira. Meira, o gañador do ano anterior foi segundo e terceiro Fuster. En 2014 Vallejo subiu de novo ao máis alto do podio e en 2015 fíxoo Fuster co Porsche 997 GT3. Os problemas económicos impediron que a Escudería Rías Baixas puidese sacar adiante o rally en 2016 a pesar de estar programado para o mes de xuño. A organización anunciou a cancelación da proba nunha conferencia de prensa en xaneiro dese ano.

Con todo, dous anos despois a organización conseguiu recuperar a proba e incluíla no calendario do campionato galego, ademais con récord de inscritos. A vitoria desa edición foi para Manuel Fernández cun Renault Clio N5, mentres que o Citroën C3 R5 de Víctor Senra foi o vencedor o ano seguinte. A edición de 2020, prevista inicialmente para maio, foi aprazada para setembro debido á expansión da pandemia por coronavirus, e finalmente un mes antes da súa disputa, anunciouse a súa suspensión.

Campións 250px|dereita|miniatura|Alberto Hevia co seu Skoda Fabia S2000, campión de España de rallys en 2004 e 2010, gañador das edicións 2007 e 2010 do Rally Rías Baixas. 250px|dereita|miniatura|Jesús Puras, oito veces campión de España de rallys, co seu Citroen Xsara Kit Car, gañador do Rally Rías Baixas en 1999 e 2002. AnoEdiciónPilotoCopilotoCocheCampionato19631º Rallye Rías Bajas Antonio Peixinho - Austin Cooper19642º Rallye Rías Bajas Jorge Soromenho - Porsche S9019653º Rallye Rías Bajas Américo Nunes - Porsche 904 GTS19664º Rallye Rías Bajas Francisco Ramaozinho Antionio MoraisMorris Cooper SEspaña19675º Rallye Rías Bajas Bernard Tramont - Alpine 1300España19686º Rallye Rías Bajas Juan Fernández ArtemiPorsche 911 REspaña19697º Rallye Rías Bajas José María Palomo Alberto GabarróPorsche 911 RSEspaña19708º Rallye Rías Bajas Manuel Juncosa ArtemiFiat Abarth 2000España19719º Rallye Rías Bajas Eladio Doncel Juan Antonio CondePorsche 911España197210º Rallye Rías Bajas Estanislao Reverter Antonio ReverterAlpine-Porsche TEspaña197311º Rallye Rías Bajas Estanislao Reverter Antonio ReverterAlpine-Porsche TEspaña197412º Rallye Rías Bajas Marc Etchebers M.C. EtchebersPorsche 911 Carrera1975Non se disputou1976Non se disputou197713º Rallye Rías Bajas Antonio Freire "Ventura" Miguel BrasaFord Escort RS197814º Rallye Rías Bajas Rafa Cid "Nancho"Ford Fiesta 1300197915º Rallye Rías Bajas Marc Etchebers M.C. EtchebersPorsche RSEspaña198016º Rallye Rías Bajas Marc Etchebers David ValverdePorsche RSEspaña198117º Rallye Rías Bajas Beny Fernández José Luis SalaPorsche 911 Vara198218º Rallye Rías Bajas Beny Fernández José Luis SalaPorsche 911 VaraEspaña198319º Rallye Rías Bajas Beny Fernández José Luis SalaPorsche 911 Vara198420º Rallye Rías Bajas Gerard de La Casa Andreu RibolledaRenault 5 TurboCopa198521º Rallye Rías Bajas Urbano Villanueva José AlonsoRenault 5 TurboCopa198622º Rallye Rías Bajas Carlos Alonso Lamberti Víctor RodriguezOpel Manta 400Copa198723º Rallye Rías Bajas Carlos Alonso Lamberti V. JiménezOpel Manta 400Copa198824º Rallye Rías Bajas Medardo Pérez Juan José Perez AlonsoLancia Rallye 037Copa198925º Rallye Rías Bajas Antonio Ponce Gaspar LeónBMW M3 Copa199026º Rally Rías Baixas Germán Castrillón Estrella CastrillónFord Sierra RS CosworthCopa, Galicia199127º Rally Rías Baixas Juan Carlos González "Culebra" Gustavo PiñeiroBMW M3 Copa, Galicia199228º Rally Rías Baixas Germán Castrillón José Manuel LópezFord Sierra RS CosworthCopa, Galicia199329º Rally Rías Baixas Germán Castrillón José Manuel LópezFord Escort RS CosworthEspaña, Galicia199430º Rally Rías Baixas Borja Moratal Alfredo RodriguezPeugeot 306 S16España, Galicia199531º Rally Rías Baixas Germán Castrillón José Manuel LópezFord Escort RS Cosworth Galicia199632º Rally Rías Baixas Sergio Vallejo Diego VallejoCitroen ZX 16VEspaña, Galicia199733º Rally Rías Baixas Jaime Azcona Julius BillmaierPeugeot 306 MaxiEspaña199834º Rally Rías BaixasAnuladoEspaña199935º Rally Rías Baixas Jesús Puras Marc MartíCitroen Xsara Kit CarEspaña200036º Rally Rías Baixas Redcom Luís Monzón José Carlos DénizPeugeot 306 MaxiEspaña200137º Rallye Rías Baixas Redcom Luís Monzón José Carlos DénizPeugeot 206 WRCEspaña200238º Rallye Rías Baixas Redcom Jesús Puras Carlos del BarrioCitroen Xsara T4 WRCEspaña200339º Rallye Rías Baixas Redcom Miguel Fuster José Vicente MedinaCitroen Saxo Kit CarEspaña200440º Rallye Rías Baixas Redcom Joan Vinyes Xavi LorzaPeugeot 206 S1600España200541º Rallye Rías Baixas Redcom Dani Sordo Carlos del BarrioCitroen C2 S1600España200642º Rallye Rías Baixas Redcom Miguel Fuster José Vicente MedinaRenault Clio S1600España200743º Rallye Rías Baixas Redcom Alberto Hevia Alberto Iglesias PinVolkswagen Polo S2000España200844º Rallye Rías Baixas Redcom Enrique García Ojeda Jordi BarrabésPeugeot 207 S2000España200945º Rallye Rías Baixas Vodafone Miguel Fuster José Vicente MedinaPorsche 911 GT3España201046º Rallye Internacional Rías Baixas Alberto Hevia Alberto Iglesias PinSkoda Fabia S2000España201147º Rallye Internacional Rías Baixas Xevi Pons Alex HaroFord Fiesta S2000España201248º Rallye Internacional Rías Baixas Alberto Meira Álvaro BañobreMitsubishi Lancer Evo XEspaña201349º Rallye Internacional Rías Baixas Sergio Vallejo Diego VallejoPorsche 997 GT3España201450º Rallye Internacional Rías Baixas Sergio Vallejo Diego VallejoPorsche 911 GT3España201551º Rallye Internacional Rías Baixas Miguel Ángel Fuster Ignacio AviñóPorsche 997 GT3España2016Non se disputou2017Non se disputou201852º Rallye Rías Baixas Manuel Fernández Álex CidRenault Clio N5Galicia201953º Rallye Rías Baixas Víctor Senra David VázquezCitroën C3 R5Galicia2020Non se disputou202154º Rally Rías Baixas José Antonio Suárez Alberto Iglesias PinŠkoda Fabia Rally2 evoCopa202255º Rally Rías Baixas Víctor Senra David VázquezŠkoda Fabia Rally2 evoCopa202356º Rally Rías Baixas José Antonio Suárez Alberto Iglesias PinŠkoda Fabia R5 Rally2Copa202457º Rally Rías Baixas Diego Ruiloba Ángel VelaCitroën C3 Rally2S-CER202558º Rally Rías Baixas José Antonio Suárez Alberto Iglesias PinŠkoda Fabia R5 Rally2S-CER En amarelo, as edicións nas que a proba foi puntuable para o Campionato de España de Rallys ou o Súper Campionato de España de Rallys

En azul, as edicións nas que a proba foi puntuable para o Campionato de Galicia de Rally

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial do Rally Rías Baixas Palmarés do Rally Rías Baixas Páxina oficial da Escudería Rías Baixas

Notas