HARRISON, Principios de Medicina Interna, é un tratado americano de medicina interna. Publicado por vez primeira en 1950. Actualmente está no mercado a décimo sétima edición (publicada en febreiro de 2008 por McGraw-Hill e prepárase a decimoitava versión en inglés que se estima que sairá publicada en xuño de 2011 aínda que xa está lista en formato dixital dende febreiro de 2011. Aínda que está dirixido a membros de todas as especialidades, é principalmente empregado por médicos internistas así como por estudantes de medicina.
O primeiro editor da obra foi Tinsley R. Harrison de Birmingham, Alabama (Estados Unidos). Harrison é membro dunha familia que con el suman seis xeracións de médicos. Nesta obra, desempeñou tarefas de editor xefe das cinco primeiras edicións e estableceu o formato do traballo: unha sólida base de medicina clínica e de laboratorio (ademais da respectiva terapéutica), entrelazada cun amplo entendemento da fisiopatoloxía subxacente e máis tarde fundamentos de xenética epidemiolóxica contemplando diferentes poboacións. A 17ª edición do libro está adicada ó Dr. Georger W. Thom, que foi editor das primeiras 7 edicións e editor xefe da 8ª edición. Finou en 1950. Aínda que Harrison foi o primeiro editor xefe e ideólogo da obra, nas diferentes edicións traballaron centos de profesionais da medicina e de áreas afíns. É unha obra moi extensa. A modo de exemplo, a 16ª edición en español consta de 2 volumes dunhas 3 000 páxinas e 379 temas nos que contribuíron 221 colaboradores.
É probablemente, o libro máis difundido no mundo da medicina. Durante os últimos 60 anos converteuse nunha obra fundamental no estudo da medicina, primeiro en Estados Unidos, e despois no resto do mundo, pasando polas mans de médicos e estudantes de todo o mundo. A nivel popular é coñecido como O Harrison.
Cita Na 1ª edición hai unha cita do Dr. Tinsley R. Harrison: Ningunha oportunidade ou obriga maiores lle tivesen tocado en sorte a un ser humano que a de ser médico. Ó coidar ós que sofren precisa pericia técnica, coñecementos científicos e comprensión humana. Quen realiza a súa tarefa con coraxe, humildade e sabedoría, presta un servizo insubstituíbel ó seu irmá o home e así elevará un edificio perdurable no máis íntimo do seu ser. O médico debe esixirse nada máis que iso e non contentarse con nada menos.
Colaboradores sobranceiros As sucesivas edicións, ademais de Tinsley R. Harrison contaron con outros autores de relevo como: WR Resnick, MM Wintrobe, GM Thorn, PB Beeson, RD Adams, IL Bennett Jr., E Braunwald, KJ Isselbacher, RG Petersdorf, JD Wilson, JB Martin, AS Fauci, DL Kasper, SL Hauser, DL Longo, JL Jameson, ademais de innumerables colaboracións, na súa maioría médicos e investigadores.
Traducións Escrito en inglés e actualmente traducido a varias linguas (árabe, chinés, francés, alemán, español, italiano portugués, xaponés, coreano, turco, polaco, romanés, croata, serbio e grego) é a primeira referencia técnico-científica para a práctica médica e a agregación das especialidades de internamento afíns, ademais de referencia bibliográfica fundamental para estudantes de Medicina Humana, Médicos Internos (Residentes) e Especialistas.
Edicións do tratado en inglés 1ª: 1950, 2ª: 1954, 3ª: 1958, 4ª: 1962, 5ª: 1966, 6ª: 1970, 7ª: 1974, 8ª: 1977, 9ª: 1980, 10ª: 1983, 11ª: 1987, 12ª: 1991, 13ª: 1994, 14ª: 1998, 15ª: 2002, 16ª: 2005, 17ª: 2008, 18ª: 2011.
Véxase tamén Bibliografía Kasper, Dennis L., Braunwald, Eugene, Fauci, Anthony S., Hauser, stephen L., Long, Dan L., Jameson, J.Larry (2005). Harrison, Principios de Medicina Interna. (16º Edición), Mc. Graw Hill, en español
Categoría:Obras de medicina