A lista vermella da IUCN (Unión Internacional para a Conservación da Natureza) é unha lista de especies, subespecies, variedades ou mesmo poboacións de seres vivos ameazados de extinción, en graos variados, e organizada no ano 1964. É o inventario máis completo das especies animais e vexetais a nivel mundial.
Pola súa solidez científica, a lista vermella da UICN está considerada como a relación de maior autoridade sobre o estado da diversidade biolóxica.
O obxectivo da lista vermella é transmitir a urxencia e magnitude dos problemas de conservación a toda a sociedade e ás autoridades, motivando así á comunidade mundial para tratar de reducir a extinción das especies animais e vexetais. A lista vermella actualízase cada 4 ou 5 anos.
Na versión 3.1 dos criterios e categorías da lista vermella, que é a utilizada actualmente, considera nove criterios estruturados da seguinte maneira,UICN (2001): Categorías e Criterios da Lista Vermella da UICN: Versión 3.1. Comisión de Supervivencia de Especies da UICN. Gland, Suíza e Cambridge, Reino Unido: UICN. Dispoñíbel no sitio oficial da UICN. desde maior a menor risco (as abreviaturas oficiais proveñen do nome orixinal en idioma inglés):
Extinta (EX), Extinta en estado silvestre (EW), En perigo crítico (CR), En perigo (EN), Vulnerable (VU), Case ameazada (NT), Preocupación menor (LC), Datos insuficientes (DD), Non avaliada (NE) (especie non avaliada para ningunha das outras categorías).
De maneira nominativa, as categorías VU, EN e CR integran o grupo de "especies ameazadas".A lista incorpora tamén as categorías "non avaliada" (NE) para as especies que aínda non foron cualificadas, e "datos insuficientes" (DD) para as especies das que non se posúe suficiente información para unha cualificación rigorosa.
miniatura|centro|500px|Categorías outorgadas pola versión 3.1 da Lista vermella elaborada pola UICN.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Unión Internacional para a Conservación da Natureza
Categoría:IUCN Categoría:Conservacionismo