José Costa Figueiras, nado en Tuiriz (Pantón) o 4 de abril de 1880 e finado en Chantada o 5 de xuño de 1955, foi un escritor e xornalista galego.

Traxectoria Estudou o bacharelato en Ourense e comezou a súa carreira xornalística nos periódicos lugueses El Regional e La Idea Moderna e en Heraldo de Lemos de Monforte de Lemos; tamén colaborou en Las Riberas. Trasladouse a Barcelona en 1903 e alí colaborou na prensa, foi correspondente do madrileño Diario Universal dende 1906 e redactor da Enciclopedia Ilustrada impresa pola Editorial Seguí. Regresou a Chantada en 1908 e fundou o semanario Faro-Miño, que deixou de publicarse a finais dese ano. Emigrou á Arxentina en 1910 e en Buenos Aires traballou na oficina recadadora de impostos, na redacción do diario La Argentina e comezou o seu labor literario. Alí fundou e dirixiu a revista Rojo y Gualda, dirixiu o boletín do Centro Gallego e foi presidente fundador da Asociación de Chantada y su Partido (1916).El Norte de Galicia, 22-3-1916, p. 3. Regresou a España en 1917, traballando no xornal madrileño El Fígaro e colaborou en Vida Gallega. En 1920 fundou e dirixiu en Chantada El Regionalista. Na ditadura de Primo de Rivera foi oficial do concello de CarballedoEl Pueblo Gallego, 26-3-1924, p. 6. e secretario do concello de Monterroso en 1926.El Regional, 24-4-1926, p. 3. Destinado durante algún tempo na Delegación de Traballo de Lugo, en 1947 pasou á Sección de Estudos e Publicacións do Ministerio en Madrid, cargo no que se xubilou en 1950. Neste ano regresou á súa residencia de Chantada, onde faleceu.

Obras La risa de Dios, 1913. España en ultramar: La sugestión de América (1919) e Las fraguas de la fortuna (1920). En tierras del Plata, 1921. Los agros de Sureda, 1926. Sureda é o nome que encobre a Chantada nesta novela.

Vida persoal Irmán do notario Luís Costa Figueiras (n. 1882). Casou con María de la Cinta Clavell Balada, que finou en Chantada o 23 de abril de 1966, e foi pai de Carmen, José, María Luisa, Alfredo e Xavier Costa Clavell.El Progreso, 24-4-1966, p. 5.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

"Los muebles de la Pompadur están en Chantada y son propiedad del escritor Costa Figueiras", Entrevista en La Noche, 28-10-1950, p. 6.

Ligazóns externas

Categoría:Xornalistas de Pantón Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Nados en Pantón Categoría:Nados en 1880 Categoría:Finados en 1955 Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega