El Centinela foi un semanario editado en Chantada entre 1912 e 1914.
Historia e características Subtitulado Semanario independiente, defensor de los que rezan, trabajan y pagan, o primeiro número saíu o 26 de maio de 1912.Teijeira & Torre (1997), p. 301 Foi unha publicación de tendencia católica agraria. O director era o avogado Lorenzo Vázquez Macedo, o administrador Ramón Gutiérrez Tojo e os redactores Julio Pérez de Guerra e Marcial García Cereijo.
Constaba de 4 páxinas a catro columnas e os primeiros números imprimíronse nos talleres da imprenta de La Región.
O 24 de decembro de 1913 adoptou o novo subtítulo de Semanario chantadino independiente baixo a nova administración de Jesús Vázquez Campo. Nesta segunda etapa, pasou a imprimirse na imprenta de El Norte de Galicia e incluía temas de carácter agrario, relixioso e relacionados coa emigración, e informaba sobre as actividades de Acción Gallega. Posuía unha sección denominada Municipalerías e no número 40 inseriu un "Catecismo Municipal" semellante ao Catecismo do labrego de Valentín Lamas Carvajal. Mantivo unha constante polémica co periódico chantadino La Comarca.
Deixou de editarse en maio de 1914 no número 104.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Fernández, Roi, "Cumple cien años el primer número de «El Centinela»" in La Voz de Galicia, 17-6-2012, p. L.
Outros artigos Agrarismo Lista de publicacións impresas da provincia de Lugo
Categoría:Prensa escrita de Chantada Categoría:Prensa agraria Categoría:1912 en Galicia