El Centinela foi un periódico editado en Pontevedra en 1900.

Historia e características Subtitulado Semanario Independiente, defensor de los intereses generales de la provincia, apareceu o 8 de marzo de 1900. Saía os días 1, 8, 15 e 23 de cada mes. Estaba dirixido por Emiliano Iglesias. Constaba de catro páxinas nas que recollía noticias locais e temas políticos. O último número do que hai constancia apareceu o 23 de xullo de 1900.

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Pontevedra

Categoría:Prensa escrita de Pontevedra Categoría:1900 en Galicia