"Karma Police" é unha canción da banda inglesa de rock alternativo Radiohead, editada o 25 de agosto de 1997 como segundo sinxelo do seu terceiro álbum, OK Computer. O título da canción deriva dunha broma da banda, referíndose á teoría hindú do karma. Foi un éxito comercial, acadando o número 8 da lista de sinxelos británica e o número 14 da estadounidense Hot Modern Rock Tracks.

Listaxe de cancións Todos os temas compostos por Thom Yorke, Jonny Greenwood, Ed O'Brien, Colin Greenwood e Phil Selway. CD1 "Karma Police" - 4:23 "Meeting in the Aisle" - 3:08 "Lull" - 2:28

CD2 "Karma Police" - 4:23 "Climbing Up the Walls (Zero 7 Mix)" - 5:19 "Climbing Up the Walls (Fila Brazillia Mix)" - 6:24

Categoría:Sinxelos de 1997 Categoría:Cancións de Radiohead Categoría:Composicións musicais de rock alternativo