Battle: Los Angeles (tamén coñecido como Battle: LA e internacionalmente como World Invasion: Battle Los Angeles) é un filme de ficción científica dirixido polo surafricano Jonathan Liebesman.

Sinopse Durante anos houbo casos documentados de avistamentos de OVNIS en todo o mundo. Pero en 2011, o que ata ese momento non eran máis que avistamentos tórnase nunha terríbel realidade cando a Terra é ameazada por forzas descoñecidas. Namentres todos son testemuñas de como desaparecen as grandes cidades do mundo, Os Ánxeles convértese no derradeiro bastión da humanidade nunha liorta que ninguén agardaba. Un sarxento da Mariña (Aaron Eckhart) e a súa división son os que terán que definir as fronteiras fronte a un inimigo como xamais coñeceran.

Personaxes Aaron Eckhart, como o Sarxento Michael Nantz Michelle Rodriguez, como a sarxento técnico da USAF, Elena Santos. Ramón Rodriguez, como o tenente William Martinez. Bridget Moynahan, como veterinaria Michelle. Michael Peña, como Joe Rincon. Taylor Handley, como o Cabo Corey Simmons. Lucas Till, como o cabo Grayston. Joey King, como Kirsten. Noel Fisher, como Soldado Shawn Lenihan. Neil Brown, Jr, como o cabo Richard Guerrero. James Hiroyuki Liao, como o LCpl. Steven Mottola. Cory Hardrict, como o Cabo Jason Lockett. Gino Anthony Pesi, como o Cabo Nick Stavrou. Ne-Yo, como o Cabo Kevin Harris. Adetokumboh M'Cormack, como Corpsman Jibril Adukwu . Bryce Cass, como Hector Rincon.

Notas

Categoría:Filmes de 2011 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Jonathan Liebesman Categoría:Filmes de acción e ciencia ficción dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Columbia Pictures Categoría:Filmes de Relativity Media Categoría:Filmes rodados en Luisiana Categoría:Filmes rodados en California Categoría:Filmes apocalípticos Categoría:Filmes sobre o exército dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes ambientados no futuro Categoría:Filmes ambientados en 2011