Skyline é un filme estadounidense de ficción científica dirixido por Colin Strause e Greg Strause que se estreou en 2010. Foi coproducido e escrito por Liam O'Donnell. Está protagonizado por Eric Balfour, Scottie Thompson, Brittany Daniel, Crystal Reed, David Zayas e Donald Faison, no papel dun grupo de residentes da cidade dos Ánxeles que son testemuñas dunha invasión alieníxena. O filme estreouse o 12 de novembro de 2010 nos cinemas dos Estados Unidos. Malia as valoracións negativas da crítica, Skyline foi un éxito de recadación, conseguindo 68 millóns de dólares en todo o mundo sobre un orzamento de 10–20 millóns.
Skyline tivo dúas secuelas, Beyond Skyline (2017) e Skylines (2020). Ámbolos dous filmes foron escritos e dirixidos por O'Donnell, e producidos por O'Donnell, os irmáns Strause e Matthew E. Chausse.
Sinopse Despois dunha noite de troula, un grupo de amigos esperta no medio da noite debido a unha luz misteriosa que sae da xanela. A luz debuxa lixeiramente a imaxe de persoas que logo desaparecen. Así descubrirán que unha forza doutro mundo está engulindo a toda a poboación da Terra. Este grupo de superviventes deberá loitar pola súa vida mentres o mundo enteiro esvaécese ó seu redor.
Personaxes Eric Balfour como Jarrod Scottie Thompson como Elaine Brittany Daniel como Candice Crystal Reed como Denise Neil Hopkins como Ray David Zayas como Oliver Donald Faison como Terry Robin Gammell como Walt J. Paul Boehmer como Colin Tanya Newbould como Jen Tony Black como Derek Pam Levin como Cindy Phat Mahathongdy como Mandy
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 2010 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de acción e ciencia ficción dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Relativity Media Categoría:Filmes ambientados nos Ánxeles Categoría:Filmes rodados nos Ánxeles Categoría:Filmes rodados en California