Ekpe Udoh, nado o 20 de maio de 1987 en Edmond, Oklahoma, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense. Xogou na Universidade de Baylor e foi elixido no draft de 2010 da NBA polos Golden State Warriors na sexta posición.

Traxectoria Universidade Xogou durante tres tempadas, dúas en Michigan e unha en Baylor, onde conseguiu 8.4 puntos, 6.3 rebotes e 1.5 asistencias en 103 partidos. Ekpe foi nomeado rookie da semana en catro ocasións, xogador defensivo do ano coma júnior e incluído no equipo defensivo e no equipo de rookies, tamén coma júnior.

NBA No draft de 2010, Udoh foi elixido na 6ª posición polos Golden State Warriors. Debido a unha lesión na man, Udoh non xogou un partido da NBA ata o 11 de decembro de 2010, cando fixo o seu debut contra os Miami Heat, xogando 3 minutos nos que anotou 2 puntos.

O 13 de marzo de 2012, foi traspasado aos Milwaukee Bucks xunto a Monta Ellis e Kwame Brown a cambio de Andrew Bogut e Stephen Jackson.

O 3 de setembro de 2014, Udoh asinou cos Los Angeles Clippers.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Perfil nos Baylor Bears

Categoría:Nados en 1987 Categoría:Nados no condado de Oklahoma, Oklahoma Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Golden State Warriors Categoría:Xogadores dos Golden State Warriors Categoría:Xogadores do Bnei Herzliya Categoría:Xogadores dos Milwaukee Bucks Categoría:Xogadores dos Los Angeles Clippers Categoría:Xogadores do Fenerbahçe SK (baloncesto) Categoría:Xogadores dos Utah Jazz Categoría:Xogadores dos Beijing Ducks Categoría:Xogadores dos Beijing Royal Fighters Categoría:Xogadores do Virtus Bologna Categoría:Adestradores asistentes dos Atlanta Hawks