Jonathan Richard Guy Greenwood, nado o 5 de novembro de 1971 en Oxford, é un músico e compositor inglés, coñecido por ser membro da banda de rock alternativo Radiohead.

Greenwood é un multi-instrumentista, pero en Rediohead fai labores principalmente de guitarrista e teclista. Ademais toca a viola, o xilófono, o glockenspiel, o ondas Martenot, o banjo, a harmónica e a batería. Tamén realiza labores na parte electrónica de Radiohead, traballando con sons xerados por ordenador e con samplers. Compuxo a banda sonora das películas Bodysong, There Will Be Blood e Norwegian Wood. É o irmán máis novo do seu compañeiro en Radiohead Colin Greenwood.

Categoría:Multiinstrumentistas Categoría:Nados en 1971 Categoría:Nados en Oxford Categoría:Gañadores do Premio Ivor Novello