A illa do doutor Moreau (en ) é unha novela de ciencia ficción de 1896 escrita por H. G. Wells. O texto da novela é a narración de Edward Prendick, un náufrago rescatado que é deixado na illa do doutor Moreau, un científico tolo que crea ser humanos a partir de animais mediante a vivisección. A novela trata un gran número de temas filosóficos, incluíndo a dor e a crueldade, a responsabilidade moral, a identidade humana e a interferencia humana na natureza. Wells describiuna como "un exercicio de blasfemia xuvenil".A descrición de Wells de A illa do doutor Moreau como blasfemia xuvenil procede da introdución de The Scientific Romances of H. G. Wells (1933; publicado nos Estados Unidos como Seven Famous Novels by H. G. Wells, 1934), véxase p. 243.
A illa do doutor Moreau é un clásico da ciencia ficción temperáSee Mason Harris's introduction and notes for the 2009 Broadview Books edition of The Island of Dr. Moreau e é un dos libros de Wells máis coñecidos. A novela é unha das primeiras descricións do tema de ciencia ficción "elevación biolóxica" no que unha raza máis avanzada intervén na evolución dunha especie animal co obxectivo de elevala a un nivel maior de intelixencia. Foi adaptado ó cinema e a outros medios en varias ocasións.
Foi traducida ó galego por Onofre Savaté e publicado por Edicións Positivas en 2005.Ficha en Bitraga
Notas
Categoría:Novelas en inglés Categoría:Obras literarias de 1896 Categoría:Obras traducidas do inglés ao galego Categoría:Novelas de ciencia ficción