Charles Camille Saint-Saëns, nado en París o 9 de outubro de 1835 e finado en Alxer o 16 de decembro de 1921, foi un compositor, director de orquestra, organista e pianista francés de música clásica.
Traxectoria Foi un virtuoso pianista e tamén un excelente improvisador co órgano, ademais de escritor, caricaturista e viaxeiro. Saint-Saëns desempeñou un papel excepcional na renovación da música francesa, tanto no aspecto docente -tivo como alumnos, entre outros, a Gabriel Fauré e a André Messager-, como, sobre todo, pola súa actividade en favor da música nova: foi un dos fundadores da «Société Nationale de Musique», destinada a tocar e difundir a música francesa. Está considerado un elemento esencial da renovación da música francés, canda a Claude Debussy e a Maurice Ravel.
Véxase tamén
Ligazóns externas Partituras diversas
Categoría:Compositores de ópera Categoría:Compositores de música clásica Categoría:Compositores de Francia Categoría:Nados en París Categoría:Nados en 1835 Categoría:Finados en 1921 Categoría:Pianistas de Francia Categoría:Nenos prodixio Categoría:Caricaturistas