Alberto Gumersindo Jorge Barreiro, nado en Santiago de Compostela el 21 de setembro de 1947, é un xuíz galego.
Traxectoria Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, foi xuíz de primeira instancia en Cangas de Narcea (1979), Donostia e en Burgos (1983), e en 1984 noméano xuíz de instrución de Madrid. Posteriormente trasladouse á sala 15 da Audiencia Provincial de Madrid, onde ascendeu a presidente en 2003. En 2004 propóñeno para o Tribunal Supremo de EspañaEl Poder Judicial se rompe en dos al elegir substituto de Conde-Pumpido en el Supremo, El País / EFE, 6/7/2004., pero non é elixido para o cargo ata cinco anos despois, en 2009Las escuchas del 'caso Gürtel', El País, 11/4/2011.. É membro da asociación progresista Jueces para la Democracia.
Entre a súa actividade xudicial destaca a sentenza condenatoria ao tenente coronel Emilio Alonso Manglano por un caso de escoitas no CESID, posteriormente anulada polo Tribunal ConstitucionalEl Constitucional manda repetir el juicio sobre las escuchas del Cesid, El País, 30/3/2004., a absolución de Juan José Ibarretxe polas súas conversas con membros de Batasuna, o voto particular contra a ilegalización de Sortu e a instrución do caso contra o tamén xuíz Baltasar Garzón polas súas escoitas a acusados e avogados do caso Gürtel.
Ademais, é profesor asociado de Dereito Penal na Universidade Autónoma de Madrid.
Vida persoal Fillo do médico e profesor Ángel Jorge Echeverri. Sobriño do médico e político Agustín Jorge Echeverri. Irmán do catedrático de dereito penal Agustín Jorge Barreiro, e do médico e catedrático de anatomía humana Francisco Javier Jorge Barreiro.
Notas
Categoría:Xuíces de Galicia Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1949 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela