El Tea foi un periódico editado primeiramente en Ponteareas, despois en Vigo e por último en Pontevedra, de 1908 a 1936.

Historia e características Subtitulado Decenario defensor de los intereses agrarios, apareceu o 5 de setembro de 1908. Saíu os sábados ata agosto de 1920 en que se converteu en decenario e se trasladou a Vigo (1914) e Pontevedra (1920). Fundado e dirixido nos primeiros anos por Amado Garra, despois substituído por Manuel Pérez Troncoso, Saturnino Piñeiro e desde decembro de 1927 por Manuel Piñeiro Groba. Era de tendencia republicana e agrarista, aínda que se subtitulou como "independente". Foi o órgano oficial da Federación Provincial Agraria. Por problemas coa Ditadura de Primo de Rivera foi suspendido en reiteradas ocasións, en 1925 pasou a denominarse El Uma e entre xaneiro e marzo de 1926 pasou a chamarse El Agro Celta. Ofreceu colaboracións literarias que entre 1922 e 1928 apareceron agrupadas na sección "Páxina Enxebre". Entre os seus colaboradores estaban Eugenio Arbones Castellanzuelo, Roxelio Rivero, Jenaro Marinhas del Valle e Ánxel de Cambeses. Rematou a súa edición o 14 de xullo de 1936.

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos El Uma El Agro Celta Lista de publicacións impresas da provincia de Pontevedra

Categoría:Prensa escrita de Ponteareas Categoría:Prensa escrita de Pontevedra Categoría:Prensa escrita de Vigo Categoría:Prensa agraria Categoría:1908 en Galicia